viernes, 27 de noviembre de 2020

E máis fotos e vídeos vosos...

Eiquí vos deixo algunha das últimas fotos e vídeos que me chegaron, con algúns, tiven problemas para descargalos e o motivo é que "pesan" moito e non me deixa descargalos.

Por favor, cando mandedes cousas, facédelo con imaxen e vídeo de pouca calidade porque si non, non me deixa cargalos e cando o fago, tardo moitísimo e logo non volo deixa ver con unha mínima calidade. Gracias.

Espero que sigades mandando os vosos traballos deportivos fóra do horario escolar.

Apertas, Gonzalo.









domingo, 22 de noviembre de 2020

Colaboración Fundación Eroski

 Bo día! 

Esta semana, chegamos a un acordo de colaboración coa Fundación Eroski onde imos traballar o longo do curso con diferentes recursos que eles nos propoñen. Están xenial e convídovos a que vexades un pouco o que imos facer cos vosos fillos e fillas.

Nos seguintes enlaces, podedes velo.

Escuela de Alimentación

Energía para crecer

Como vedes, temos cousas para facer en familia na casa, animádevos, podedes participar!!!

Esta colaboración, a meto como unha axuda máis no desenrolo do Proxecto Deportivo de Centro, onde a alimentación, descanso e actividade física van da man, e forman un todo que é imprescindible para obter unha vída activa e saudable.

Desexo que vos guste, e que disfrutedes deste camiño. Adiante!!!

sábado, 21 de noviembre de 2020

Trompos

Ola, que tal?

O longo destas dúas derradeiras semanas, estivemos traballando nas sesións de educación física, cos trompos, xa sabedes: "por San Martiño...trompos o camiño"

Como puidestes comprobar cos vosos fillos e fillas, estiveron intentando aprender a bailar o trompo, e como sabedes, uns o conseguiron e outros... están en proceso. É cuestión de practica, canto máis lle dean, mellor lles sairá.

Anímovos a que practiquedes un pouco con eles e lle demostredes que nas nosas xeracións, tamén sogabamos. Xa sei que os avós e avoas estiveron practicando cos netos e netas, e tamén que algún de vos tamén o fixo, pero agora que rematamos o tempo de practicar no colexio, convídovos a que o fagades na casa, no parque ou onde queirades, pero que xoguedes un pouco cos vosos fillos e fillas e "recordedes" como se fai.

Deixovos unhas fotos onde podedes verificar os avances adquiridos:





















viernes, 20 de noviembre de 2020

Máis fotos...

 Ola, que tal?

Sigo poñendo fotos e vídeos que me van chegando. Anímovos a os demáis, a que fagades fotos ou vídeos de vos facendo cualquier actividade deportiva fora do colexio.

Vos espero!!!









miércoles, 18 de noviembre de 2020

Actividades Museo Massó

 Ola, que tal?

Segue a nosa colaboración anual co Museo de Massó. Déixovos o enlace cunha actividade moi interesante que espero que vexades e que fagades.

Saúdos.

Día do Patrimonio

viernes, 13 de noviembre de 2020

 Sigo recibindo e publicando máis fotos e vídeos que facilitades.















jueves, 12 de noviembre de 2020

Ola, cómo ides?

Aquí vos van as primeiras fotos dos compañeiros e compañeiras que as mandaron facendo algunha actividade deportiva. Os que faltades, vos animades?

Xa sabedes que podedes enviar todas as fotos ou vídeos que queirades.

Moitas gracias a todos e todas e vos sigo animando a que fagades deporte!!!