viernes, 31 de mayo de 2024

Sesións deportivas de Xuño

Ola, ola, que tal?

Xa estamos a rematar o curso e aquí vos deixo as derradeiras actividades deportivas que temos neste mes de xuño.

5 de xuño: o alumnado de 6º de ed. primaria, farán na praia fluvial de Pontevedra a última sesión de Salvamento é Coñecemento en colaboración co clube SAPO durante gran parte da mañá.

6 de xuño: o alumnado de 4º de ed. primaria fará a súa actividade de "circuitos arbóreos" no Ecoparque de Marín durante gran parte da mañá.

7 de xuño: o alumnado de toda ed. infantil fará a súa tradicional excursión.

10 de xuño: o alumnado de 5º e 6º de ed. primaria farán unha sesión de xogos tradicionais con outro centro escolar en colaboración coa Federación Galega de Petanca.

21ª Fotos vosas

Ola, ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos practicando diferentes actividades deportivas fóra do cole.

Coma sempre, vos animo a que practiquedes deporte e que me enviades as vosas fotos. Sabedes que tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es


jueves, 30 de mayo de 2024

Última sesión de Ed. Vial

Ola, como imos?

Como vos comentara, onte tivemos co alumnado de 6º de ed. primaria, a práctica do traballado coa Policía Local dentro do programa de Ed. Vial. Circulamos como vehículos coas bicicletas polas diferentes rúas da cidade e logo fixemos un tramo como peatóns, vendo as distintas sinalizacións que temos que ter en conta.

Foi todo un éxito e teño que darlles as gracias a Maya, o Policía Local que compartiu connosco toda esta formación. 

Para o ano, máis...


























miércoles, 29 de mayo de 2024

Última sesión de Dragóns

Onte, o noso alumnado de 5º de ed. primaria, fixo a última das sesións do deporte do dragón na praia fluvial de Pontevedra xunto con outros 7 centros escolares en colaboración co Clube Cidade de Pontevedra de Piragüismo.

Foi todo un éxito de xornada porque a parte de practicar deporte no medio natural, convivimos con outra rapazada doutros centros escolares favorecendo a inclusión entre iguais.

Fixemos xogos predeportivos agardando a que nos tocara subir aos dragóns e finalizamos a xornada cun baño nas frías augas da praia.









 


martes, 28 de mayo de 2024

Sesión de Baile Deportivo

Seguindo coa miña intención de incluir diferentes deportes na actividade física da rapazada, o luns pasado tivemos a marabillosa presenza de Adrián Esperón e Noemí Abal, bailaríns e adestradores de fama internacional, e donos da Escola de Baile Pontebaile onde o noso alumnado de 5º de ed. primaria, pasouno xenial a parte de moverse ao ritmo da música. Bailaron un "Cha Cha Cha"















jueves, 16 de mayo de 2024

20ª Fotos Vosas

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos practicando diferentes actividades deportivas fóra do horario escolar. Como vedes, temos un pouco de todo, o cal paréceme estupendo porque quere dicir que facedes moitas actividades deportivas distintas.

Coma sempre, vos animo a que me sigades enviando as vosas sesións deportivas a seguinte dirección: educacionfisica@cprsanjose.es













Sesión práctica de Baloncesto e Charla sobre Hábitos Saudables

Na xornada deste mércores, o alumnado das clases de 5º e 6º de Ed. Primaira, fixeron a súa sesión de baloncesto impartida por Moncho (adestrador) e Heather (xogadora do primeiro equipo) pertencentes ao equipo de baloncesto feminino Arxil

Tiñamos que aproveitar a ocasión xa que Heather é americana, e ao rematar a fantástica tempada do equipo, vaixe cara ao seu país, e non estará con nós ata o tempada que ven.

Pasámolo moi ben, practicamos deporte, falamos en inglés e aprendimos "Hábitos Saudables" aportados polo adestrador e unha xogadora profesional deste deporte.