jueves, 16 de mayo de 2024

Sesión práctica de Baloncesto e Charla sobre Hábitos Saudables

Na xornada deste mércores, o alumnado das clases de 5º e 6º de Ed. Primaira, fixeron a súa sesión de baloncesto impartida por Moncho (adestrador) e Heather (xogadora do primeiro equipo) pertencentes ao equipo de baloncesto feminino Arxil

Tiñamos que aproveitar a ocasión xa que Heather é americana, e ao rematar a fantástica tempada do equipo, vaixe cara ao seu país, e non estará con nós ata o tempada que ven.

Pasámolo moi ben, practicamos deporte, falamos en inglés e aprendimos "Hábitos Saudables" aportados polo adestrador e unha xogadora profesional deste deporte.