O martes pasado, contando coa colaboración do Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, cos seus adestradores e xogadores Crístofer e Judit a cabeza, o alumnado de 4º de ed. primaria puido preparar a súa participación na Gran Xornada de Tenis de Mesa que imos levar a cabo o próximo luns, no pavillón do Príncipe Felipe. Xornada organizada dende ADESPONT e na que imos participar 10 colexios de Pontevedra e a súa contorna.
Nesta toma de contacto, viuse a rapazada que xa colleran algunha pala na súa vida e os que esta era a súa primeira vez; pero para todxs foi altamente satisfactorio quedando con gañas de seguir practicando.