Ola, como imos?
Aquí vos deixo o último que me enviáchedes. Animádesvos a enviar fotos ou vídeos vosos facendo actividades deportivas fóra do colexio ao correo educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, como imos?
Aquí vos deixo o último que me enviáchedes. Animádesvos a enviar fotos ou vídeos vosos facendo actividades deportivas fóra do colexio ao correo educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, bo día!
Como vos indicara na entrada do martes, tivemos a sorte de contar coa presencia do entrenador Antonio Fernández e dos xogadores Álex González (capitán do equipo) e de Charles Dias (con 8 tempadas en 1ª división do fútbol español), onde contaron aos rapaces e rapazas as suas experiencias no mundo do deporte, en relación cos estudios e o importante do fomento do deporte en idades tempranas. Estiveron acompañados por parte de Gelillo (encargado da canteira do clube) e de Marcos (representante institucional da entidade).
En todo momento, mostráronse moi cercanos ao noso alumnado, respostando todas e cada unha das preguntas que estes lles fixeron.
Deixo aquí a mostra fotográfica:
Tamén lles repartiron entredas para o importante partido do domingo as 17:00 horas, onde o Pontevedra CF enfrontarase o San Fernando CD.
Ola, como vos indicara anteriormente, fixemos unha xornada de iniciación o baloncesto contando coa colaboración do clube Estudiantes. Teño que agradecer o adestrador Cristiano, que levou a sesión estupendamente.
Quen a puido disfrutar foron as clases de 3º e 4º de educación primaria.
Déixovos aquí as fotos correspondientes:
Este xoves, 20 de octubro, temos a sorte de que virán a darnos unha maxistral sesión de baloncesto dende o clube Estudiantes para as clases de 3º e 4º de educación primaria.
Indicarvos que este mesmo clube, vos invita a formar parte do seu equipo tendo como opcións entrenar os luns e mércores de 16:30 a 17:30 horas nas súas instalacións.
Os interesados/as, tedes que chamar ó 606 865 925 - Rosa.
Ola, como imos?
Hoxe foi unha xornda moi especial para o noso alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria xa que participamos no Campo a Través do programa XOGADE.
Foi estupendo e a parte de facer exercicio, puidemos convivir con rapazada de outros colexios e que comparten cos nosos, clube deportivo ou prazas onde xogar. Foi altamente enriquecedor.
Teño que darlle as gracias aos rapaces e rapazas que tiveron un comportamento exemplar, uns correron máis que outros, e incluso a algún, tivemos que lle axudar para rematar, pero foi todo unha moi boa experiencia.
Tamén teño que darlles as gracias a organización posto que a pesares da gran cantidade de cativada, profesorado e familiares que había, fixérono estupendamente e foinos moito máis doado aos demáis.
Déixovos unhas fotos para que as miredes: