Ola, como vos indicara anteriormente, fixemos unha xornada de iniciación o baloncesto contando coa colaboración do clube Estudiantes. Teño que agradecer o adestrador Cristiano, que levou a sesión estupendamente.
Quen a puido disfrutar foron as clases de 3º e 4º de educación primaria.
Déixovos aquí as fotos correspondientes:
Aproveito e vos comento que na xornada de mañá, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, farán unha xornada diferente contando coa colaboración do Pontevedra CF. O que faremos é unha pequena charla por parte dos xogadores e parte do cadro técnico sobre a importancia do deporte, a súa relación entre estudos e deporte e o deporte profesional.
O mesmo tempo, e se podemos empregar a pista do pavillón, faremos unhas sesións prácticas. Xa vos mostrarei como vaia xornada...