miércoles, 26 de octubre de 2022

Visita Adestrador e Xogadores Pontevedra CF

Ola, bo día! 

Como vos indicara na entrada do martes, tivemos a sorte de contar coa presencia do entrenador Antonio Fernández e dos xogadores Álex González (capitán do equipo) e de Charles Dias (con 8 tempadas en 1ª división do fútbol español), onde contaron aos rapaces e rapazas as suas experiencias no mundo do deporte, en relación cos estudios e o importante do fomento do deporte en idades tempranas. Estiveron acompañados por parte de Gelillo (encargado da canteira do clube) e de Marcos (representante institucional da entidade). 

En todo momento, mostráronse moi cercanos ao noso alumnado, respostando todas e cada unha das preguntas que estes lles fixeron.

Deixo aquí a mostra fotográfica:
















Tamén lles repartiron entredas para o importante partido do domingo as 17:00 horas, onde o Pontevedra CF enfrontarase o San Fernando CD.