sábado, 8 de octubre de 2022

DAFIS

Ola, como ides?

Esta información é para as nais e pais, como aclaración por si algun/ha, ten dúbidas con respecto as probas que realizamos o comezo do curso referente ó DAFIS co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria. O final do curso, volveremos a facelas e as titoras, vos enviarán o informe individualizado do neno/a, onde veredes os resultados obtidos polos vosos fillos e fillas, para que lle botedes unha ollada. É información para vos, para que saibades os resultados, non é nada definitorio. Estes resultados son unha "mediana" en comparación co resto de rapaces e rapazas da súa mesma idade do propio Colexio, Concello, Provincia e Galicia.

Nesta páxina (Probas DAFIS), podedes ver cada unha das probas realizadas e como as fixemos (unha vez dentro, tedes a man dereita unha nota que pon: Probas/Test. Alí vos aparecen 3 despregables. O que tendes que abrir é IDADE (6-18), que é o que corresponde as idades dos vosos cativos/as, e xa vedes proba por proba cada unha delas).

Se tedes cualquier dúbida, podedes enviarma a seguinte dirección de correo e contestareivos o antes posible:    educacionfisica@cprsanjose.es

Como vos informamos o comezo do curso no papel que firmastes para que o voso fillo/a fixera estas probas, estos resultados poden velos os pediatras, por si queredes consultarlle algo.

Nada máis, saúdos e boa fin de semana.