Ola, como imos?
Hoxe foi unha xornda moi especial para o noso alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria xa que participamos no Campo a Través do programa XOGADE.
Foi estupendo e a parte de facer exercicio, puidemos convivir con rapazada de outros colexios e que comparten cos nosos, clube deportivo ou prazas onde xogar. Foi altamente enriquecedor.
Teño que darlle as gracias aos rapaces e rapazas que tiveron un comportamento exemplar, uns correron máis que outros, e incluso a algún, tivemos que lle axudar para rematar, pero foi todo unha moi boa experiencia.
Tamén teño que darlles as gracias a organización posto que a pesares da gran cantidade de cativada, profesorado e familiares que había, fixérono estupendamente e foinos moito máis doado aos demáis.
Déixovos unhas fotos para que as miredes: