PROXECTO

O PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO


O Proxecto Deportivo de Centro (PDC) é un instrumento para planificar, desenvolver e avaliar os programas, actividades e eventos que se realizan no centro arredor do fomento de actividade física, o exercicio físico e o deporte.

O obxectivo do PDC é o de converter ao CPR SAN JOSÉ en dinamizador e promotor de hábitos de vida activa e saudable, rentavilizando os recursos existentes no noso ámbito de influencia. Buscamos que o 100% do alumnado reciban información e asesoramento de como incorporar no seu día a día, tanto no horario lectivo coma no non lectivo, a actividade física, o exercicio físico ou o deporte como hábito de vida saudable, así como incrementar, na súa estadía no centro, a práctica de actividade física de calidade. Buscamos polo tanto loitar contra o sedentarismo, creando hábitos que perduren fóra do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a entrada no centro ata a vellez.

Obxectivos para o alumnado:

* Adquirir a necesidade de levar unha vida activa e saudable, sendo conscientes dos beneficios ou perxuicios dunha vida activo ou sedentaria, sendo capaces de actuar de dinamizadores na súa contorna máis próxima (familia e amigos).
* Coñecer todos os recursos existentes na súa contorna para levar unha vida activa e saudable.
* Empregar ferramentas dixitais para a dinamización e proxección do proxecto á comunidade educativa.

Obxectivos para o profesorado:

* Potenciar o traballo en equipo e a iniciativa persoal, coordinada co profesorado e integrando a participación da comunidade escolar e local no desenvolvemento do proxecto (pais, nais, familiares, etc.).
* Incentivar a autonomía persoal do alumnado dentro do proxecto, facéndoo partícipe nas tomas de decisións para levar a cabo as distintas actuacións e actividades propostas.

Obxectivos para a comunidade educativa:

* Integrar a filosofía do programa dentro da liña educativa do centro (colexio activo e saudable), traballando de forma transversal e interdisciplinar os obxectivos do mesmo.
* Difundir información sobre vida activa e saudable.
* Implizar aos distintos axentes sociais (familias, técnicos municipais, policía local, asociacionismo, servizos de saúde, colectivos de usuarios...) na promoción dun estilo de vida activo.
* Promover unha sociedade máis activa e saudable, de forma integradora e non excluínte.