Onte, o noso alumnado das clases de 1º e 2º de Ed. Primaria, fixeron unha nova actividade de Atletismo por parte do Club Gimnástica de Pontevedra da man do seu adestrador e deportista do clube JOAO.
Teño que darlle as gracias a Joao pola súa paciencia e saber trasmitir os coñecementos necesarios para que o noso alumnado leve un bo recordo da práctica de hoxe, despois de facer exercicios de carreiras, saltos e lanzamentos.
Déixovos o reportaxe correspondente:
E se queredes seguir practicando Atletismo, Joao nos deixou este panfleto onde podedes apuntarvos as actividades de verán que dende a Gimnástica nos propoñen. Animádevos a participar!!!