domingo, 30 de mayo de 2021

Máis actividades

Ola, ola!!! Como imos? Xa queda moi pouco para o remate do curso.

Moito ánimo que estamos no spring final!!!

Aquí vos deixo o que me foi chegando esta semana...






Anímovos a que sigades mandando fotos ou vídeos das vosas actividades deportivas e rogo que mo enviedes o correo educacionfisica@cprsanjose.es

Xa sabedes que este blogue é "voso" e entre todos/as, o imos formando. Mandade fotos, por favor.

sábado, 29 de mayo de 2021

Cabalo

Bo día, que tal?

Para estes días, vos propoño que mandedes algunha actividade relacionada coa palabra CABALO, posto que estes días estivemos traballando co axedrez.

Podedes enviar calqueira foto ou vídeo de actividade deportiva relacionada coa palabra CABALO, seguro que se vos ocorren moitas cousas como facer un cabaliño coa bicicleta, os que facedes hípica, algunha foto co voso cabalo, os que ides o bosque e vedes cabalos, algunha foto con eles... Espero que mo enviedes o correo educacionfisica@cprsanjose.es. Moitas gracias.

Vos recordo que ainde temos pendente que enviedes algo relacionado coa palabra MÚSICA!!!

Animádevos para poder seguir completando este blogue deportivo de centro.

Por outro lado, se algún/algunha ten outra proposta de actividade deportiva fóra do horario lectivo, convídovos a que ma digades e a propoñades. Gracias.

domingo, 23 de mayo de 2021

Actividades deportivas novas

Ola, estas fotos e vídeo, chegaron o longo das últimas dúas semanas, agradezo moito o voso traballo e vos animo a que sigades mandando fotos ou vídeos das vosas actividades deportivas feitas fóra do horario lectivo e así poder publicalas neste blogue, feito coa axuda e colaboración de todos e todas os que formamos esta comunidade educativa do Colexio San José.

Como vedes, temos de todo, e así debe ser, cada un practica o deporte que lle gusta.

Vos recordo, que temos pendente unha proposta que vos fixen fai uns días. Mandar cousas relacionadas coa palabra MÚSICA. Sei que moitos de vos facedes bailes e coreografías, así que sería xenial que as enviarades. Ánimo!!! (Como podedes comprobar, algunha xa mandou, gracias)










sábado, 22 de mayo de 2021

Dragóns

Ola, ola! Que tal?

Como vos comentara nunha anterior entrada, o xoves, 20 de maio, o alumnado de 6º de educación primaria, tivo a sorte de poder participar co programa XOGADE da Xunta de Galicia, na xornada de barco dragón no embalse do Pontillón do Castro en Verducido.

Como xa vos comentarían os vosos fillos e fillas, foi fantástico e pasámolo moi pero que moi ben, quedando incluso con gañas de repetir (cousa que estades invitados a facer, se queredes, indo polo clube piragüismo Pontevedra, sito no peirao nas Corbaceiras, detrás do Gremio de Mareantes, dicindo que son alumnado do colexio San José de Pontevedra, e de forma gratuíta, podedes probar a experiencia e logo ver se queredes seguir ou non e xa vos dirán dende o clube o que teriades que facer para seguir).

Eu, recomendo probar a todos e todas porque é unha experiencia de grupo, onde se non remamos xuntos e coordinados, o barco non vai, non avanza; polo que "aprendemos" a traballar en equipo, escoitando a que nos dí o timonel ou o que leva o ritmo no tambor.

Para mostra de cómolo pasamos, déixovos aquí un reportaxe dixital:






























Como vedes, a xornada comezou cunha breve explicación do que iamos facer na xornada, o lugar onde estabamos, o material que iamos empregar, as medidas de seguridade, como se palea, as embarcacións que tivemos a sorte de poder velas no angar correspondiente, onde nos explicaron os K1, K2, K4 e os C1, C2 e C4.

Despois da merenda, puxemos os chalecos, collimos as palas e comezamos o quencemento para logo pasar os barcos e xa comezar a "navegar"!!!

Logo da descoordinación inicial, as risas, os gritos, os nervios e cando estivemos asentados, comezamos a avanzar e seguindo as instruccións do noso guía do tambor Santi, casi chegamos o final do embalse e logo fixemos unha competición entre os tres dragóns que estabamos na auga.

O resultado foi altamente satisfactorio, e os obxectivos marcados inicialmente, acadáronse e superáronse sobradamente. 

Teño que agradecer o comportamento de todos e todas os que participamos nesta actividade así como tamén o servicio de deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Miki, Pazos, Mapi, etc. entrenadores y entrenadoras do Clube Piragüismo Pontevedra.

Espero repetir a experiencia nos próximos cursos...








 

viernes, 21 de mayo de 2021

Himno

Ola, ola, que tal?

Aquí vos vai a última actuación dos alumnos e alumnas da clase de 6º de educación primaria cantando o himno do proxecto deportivo do cole.

Faltaban os de 6º e aquí están, acábanmo de mandar. Moitas gracias.

Himno alumnado de 6º de educación primaria

jueves, 20 de mayo de 2021

Actividade de Dragóns

Hoxe, durante a xornada de mañá, o alumnado de 6º de educación primaria fará unha actividade de "piragüismo" con dragóns (embarcación onde vai toda a clase xunta e para poder avanzar, temos que remar todos xuntos). A parte de remar, imos ter a sorte de poder ver as instalacións do Pontillón do Castro en Verducido. Seguro que será unha xornada altamente motivante para a rapazada (xa o comprobastes na casa, non???)

Esta actividade está organizada pola Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE.

Unha vez ramatada a sesión, subirei as fotos e vídeos correspondentes.

Saúdos.

Déixovos un vídeo por si queredes saber qué imos facer...

Campeonato de España barco dragón

sábado, 15 de mayo de 2021

Últimas fotos do leite

Ola, comos ides? 

Xa rematamos as dúas semanas do leite (ainda que como quedáronnos máis bricks, seguiremos ofrecéndollos o alumnado que queira, ata acabar existencias).

Como conclusión, foi altamente satisfactoria a experiencia e a miña idea é, continuar no curso que ven. Estaremos en contacto.

Aquí vos deixo a derradeiras fotos:






Himno cantado por clases

Ola, ola! Que tal?

Aquí vos vai o himno cantado polo alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de educación primaria do colexio. Teño que agradecerlles a súa posta en escena o memos tempo que tamén teño que agradecer a profe de música. Moitas gracias.

Himno 2º educación primaria

Himno 3º educación primaria

Himno 4º educación primaria

Himno 5º educación primaria


Confío en que vos gustará ver en acción os vosos fillos e fillas, Apertas para todos/as. Bo fin de semana!!!

jueves, 13 de mayo de 2021

Himno

Ola, o xoves 6 de maio, publiquei a mascota que resultou gañadora no concurso que fixemos no colexio. Como podedes comprobar na entrada correspondente, está xenial; así que vos invito a que a voltedes a ver.

Hoxe toca o turno o himno do PDC. Foi creado polo alumnado de 5º de educación primaria en colaboración coa profe de música Pili. Moitas gracias a todos eles/as. 

Déixovos aquí a letra, por si algún a quere ir aprendendo:


MÓVETE XA!

Móvete! Móvete!

Móvete xa! Móvete xa!

Corpo e mente ben estarán.

Levantaos do sofá,

Facede exercicio xa

A comida saudable

Vaiche encantar.

Móvete xa! Móvete xa!

Corpo e mente ben estará.

Non comades tanta sal

Pasarédelo fatal

Beber auga todo o día

Vaite axudar.

Móvete xa! Móvete xa!

Corpo e mente ben estarán.

Moitas froitas e verduras

Comerás para estar sán.

Fóra graxas, fóra azucre

Que ben estarás.

Móvete xa! Móvete xa!

Corpo e mente ben estarán.

Dúchate todos os días

E limpiño quedarás

Disfruta cos teus amigos

Te relaxarás.

Móvete xa!...... Moooovete!


miércoles, 12 de mayo de 2021

E máis actividades deportivas

Debe ser co bo tempo, que vos animades a mandar fotos ou vídeos vosos facendo actividades deportivas... Xenial.

Anímovos a que o sigades facendo e que más enviedes a educacionfisica@cprsanjose.es








Recórdovos que tedes pendiente enviarme fotos ou vídeos relacionados coa palabra MÚSICA. Seguro que me sorprendedes coa vosa iniciativa.