sábado, 22 de mayo de 2021

Dragóns

Ola, ola! Que tal?

Como vos comentara nunha anterior entrada, o xoves, 20 de maio, o alumnado de 6º de educación primaria, tivo a sorte de poder participar co programa XOGADE da Xunta de Galicia, na xornada de barco dragón no embalse do Pontillón do Castro en Verducido.

Como xa vos comentarían os vosos fillos e fillas, foi fantástico e pasámolo moi pero que moi ben, quedando incluso con gañas de repetir (cousa que estades invitados a facer, se queredes, indo polo clube piragüismo Pontevedra, sito no peirao nas Corbaceiras, detrás do Gremio de Mareantes, dicindo que son alumnado do colexio San José de Pontevedra, e de forma gratuíta, podedes probar a experiencia e logo ver se queredes seguir ou non e xa vos dirán dende o clube o que teriades que facer para seguir).

Eu, recomendo probar a todos e todas porque é unha experiencia de grupo, onde se non remamos xuntos e coordinados, o barco non vai, non avanza; polo que "aprendemos" a traballar en equipo, escoitando a que nos dí o timonel ou o que leva o ritmo no tambor.

Para mostra de cómolo pasamos, déixovos aquí un reportaxe dixital:






























Como vedes, a xornada comezou cunha breve explicación do que iamos facer na xornada, o lugar onde estabamos, o material que iamos empregar, as medidas de seguridade, como se palea, as embarcacións que tivemos a sorte de poder velas no angar correspondiente, onde nos explicaron os K1, K2, K4 e os C1, C2 e C4.

Despois da merenda, puxemos os chalecos, collimos as palas e comezamos o quencemento para logo pasar os barcos e xa comezar a "navegar"!!!

Logo da descoordinación inicial, as risas, os gritos, os nervios e cando estivemos asentados, comezamos a avanzar e seguindo as instruccións do noso guía do tambor Santi, casi chegamos o final do embalse e logo fixemos unha competición entre os tres dragóns que estabamos na auga.

O resultado foi altamente satisfactorio, e os obxectivos marcados inicialmente, acadáronse e superáronse sobradamente. 

Teño que agradecer o comportamento de todos e todas os que participamos nesta actividade así como tamén o servicio de deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia e a Miki, Pazos, Mapi, etc. entrenadores y entrenadoras do Clube Piragüismo Pontevedra.

Espero repetir a experiencia nos próximos cursos...