Este luns, 03-05-21, a noso alumnado de 3º curso de educación primaria, acompañados por dúas mestras e o arqueólogo Rafa Quintía, acercouse ao Outerio das Mouras en Salcedo, para facer unha andaina pola zona o mesmo tempo que aprendían como viviron os nosos antepasados no lugar e a súa contorna.
A información proporcionada por Rafa, foi altamente atendida polo noso alumnado, estando pendentes en todo momento, das anotacións que lles ía dando.
Próximamente, tocaralle o turno o noso alumnado de 4º de educación primaria, e espero que sexa igual de motivante que esta primeira visita.
É un lugar que vos invito a que visitedes, é moi interesante, é gratuíto e está moi preto da nosa cidade.
Déixovos unhas fotos:
Todo isto o facemos dentro da importancia que dende o colexio lle damos as actividades no exterior, onde os nosos rapaces e rapazas disfrutan do aire libre, caminan, fomentando as actividades deportivas fóra dos espacios habituais ó mesmo tempo que aprenden e vivencian o ensinado na clase.
Este ano, resulta moi complicado facer actividades complementarias coa pandemia que temos enriba, pero desde o colexio, intentamos fomentar estas xornadas de convivencia que creemos tan importantes para o desenrolo da nosa cativada.