Hoxe, durante a xornada de mañá, o alumnado de 6º de educación primaria fará unha actividade de "piragüismo" con dragóns (embarcación onde vai toda a clase xunta e para poder avanzar, temos que remar todos xuntos). A parte de remar, imos ter a sorte de poder ver as instalacións do Pontillón do Castro en Verducido. Seguro que será unha xornada altamente motivante para a rapazada (xa o comprobastes na casa, non???)
Esta actividade está organizada pola Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE.
Unha vez ramatada a sesión, subirei as fotos e vídeos correspondentes.
Saúdos.
Déixovos un vídeo por si queredes saber qué imos facer...