Ola, como ides?
Esta información é para as nais e pais, como aclaración por si algun/ha, ten dúbidas con respecto as probas que realizamos o comezo do curso referente ó DAFIS co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.
Nesta páxina, podedes ver cada unha das probas realizadas e como as fixemos (unha vez dentro, tedes a man dereita unha nota que pon: Probas/Test. Alí vos aparecen 3 despregables. O que tendes que abrir é IDADE (6-18), que é o que corresponde as idades dos vosos cativos/as, e xa vedes proba por proba cada unha delas:
Probas DAFIS
Por outra banda, as titoras de cada un destes cursos, vos enviaron os resultados obtidos polos vosos fillos e fillas, para que lle botedes unha ollada. É información para vos, para que saibades os resultados, non é nada definitorio. Estes resultados son unha "mediana" en comparación co resto de rapaces e rapazas da súa mesma idade de Galicia, Provincia, Concello e Centro.
Na primeira páxina, aparecen os resultados do alumno/a en todas as probas, e abaixo, vos aparece a explicación destes resultados/colores.
Nas catro páxinas seguintes, aparece proba por proba dúas columnas, a que vos tedes que fixar é na columna da dereita, onde vos indica cun asterisco no apartado "Centro" onde está o voso fillo/a.
Se tedes cualquier dúbida, podedes enviarma a seguinte dirección de correo e contestareivos o antes posible: educacionfisica@cprsanjose.es
Como vos informamos o comezo do curso, no papel que firmastes para que o voso fillo/a fixera estas probas, estos resultados poden velos os pediatras, por si queredes consultarlle algo.
Como resumo, istos resultados son simplemente "medianas" con respecto a outros rapaces e rapazas do súa mesma idade, nada máis; e son datos a nivel informativo para vos.
Nada máis, saúdos e boa fin de semana.