miércoles, 21 de junio de 2023

Proposta de Actividades para Verán

Ola, como ides?

Aquí vos deixo as diferentes propostas que me chegaron a min persoalmente referentes a posibles actividades deportivas para que vos poidades apuntar este verán e para o curso que ven.

NATACIÓN ARTÍSTICA:



ATLETISMO:

Os informamos que para Julio vamos a tener en funcionamiento las escuelas de Verano de Atletismo de la Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Serán los Lunes, Miércoles y Jueves de 10:00 a 12:00 horas desde el 03 al 27 de Julio, para el alumnado nacido entre el 2009 y 2016.

Información: info@sgpontevedra.com ó 685542802


FÚTBOL:


BALONCESTO:


lunes, 19 de junio de 2023

Sesións Balonmán

Como vos comentara, as clases de 4º de ed. primaria o 13-06, a clase de 6º de ed. primaria o 14-06 e a clase de 5º de ed. primaria o 19-06 (suspendida pola choiva), fixeron as últimas sesións deportivas deste curso contando coa inestimable colaboración da S.D. TEUCRO co seu adestrador e xogador Rhuan. Practicamos este deporte tan vinculado coa nosa cidade. 

A rapazada pasouno estupendamente e de seguro que o próximo curso seguimos practicando...

Para mostra:















viernes, 16 de junio de 2023

Máis actividades deportivas vosas

Ola, ola, como imos?

Aquí vos deixo os últimos vídeos que me chegaron. Están xenial e teño que darlles as gracias aos protagonistas e aos seus pais e nais por gravarllos e mandarmos para que os poida publicar neste blogue.

Así mesmo, teño que agradecerlle a todxs xs nenxs que mandaron fotos ou vídeos facendo as súas actividades deportivas preferidas durante o curso escolar, e aos seus nais e pais por permitir que os gravasen e enviasen o correo educacionfisica@cprsanjose.es para que eu despois os puidera subir o blogue deportivo do Colexio San José.

Espero que disfrutedes moito, moito do verán e que repoñades forzas para o próximo curso, onde podedes seguir enviando os vosos "traballo deportivos" para que os suba neste blogue.










miércoles, 14 de junio de 2023

Xornada Intercentros de Dragóns

Na mañá de hoxe, o alumnado de 5º de ed. primaria completou as tres sesións de piragüismo con DRAGÓNS que fixemos este curso escolar, cunha xornada intercentros na praia fluvial de Pontevedra onde estivemos todo o alumnado (148 nenxs) dos 5 colexios que conformamos ADESPONT.

Foi un éxito rotundo e para mostra, deixo aquí estas fotos...
















Nesta última foto temos aos adestradorxs da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, aos cales teño que estar moi agradecido pola súa grandísima labor. 

O próximo ano, seguiremos practicando esta interesante deporte e estas máis que proveitosas xornadas de convivencia entre nenxs da mesma idade e distintos colexios. 

martes, 13 de junio de 2023

Sesión Salvamento e Socorrismo

Onte, o alumnado de 6º de ed. primaria, fixeron a derradeira sesión de Salvamento e Socorrismo coa colaboración do Clube SAPO na praia fñuvial de Pontevedra.

Coma vos dixera, compartimos esta sesión co alumnado doutro centro que forma ADESPONT.

Tivemos de todo, dende empregar os floppys para "salvar" aos compañeirxs como desprazarnos coa axuda dos nippers.

Practicamos un deporte "novo", compartimos unha xornada estupenda con rapaces e rapazas doutro centro escolar e pasámolo xenial. De seguro que repetimos para o próximo ano!!!

Cando poida, subo as fotos correspondentes...










sábado, 10 de junio de 2023

Sesións deportivas próximas...

Ánimo que xa queda pouco para terminar o curso, pero dende a asignatura de Ed. Física ainda nos quedan bastantes cousas por facer, aquí vos indico o que é:

Para este luns (12-06-23), o alumnado de 6º de ed. primaria, teñen a xornada intercentros de SALVAMENTO e SOCORRISMO na praia fluvial de Pontevedra, onde poñeremos en práctica o aprendido nas dúas sesións anteriores (no pavillón e na piscina de Campolongo). Esperemos que o tempo acompañe, para que sexa a gran xornada que temos pensada. Teño que agradecer de antemán ao Clube SAPO, ao alumnado do TSEAS ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia, ao Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra e aos bombeiros da cidade polo seu grandísimo traballo e protección.

Este martes (13-06-23), mércores (14-06-23) e o vindeiro luns (19-06-23), o noso alumnado de 4º, 6º e 5º de ed. primaria, teñen a derradeira xornada de balonmán en colaboración coa S.D. TEUCRO.

Este mércores (14-06-23), o alumnado de 5º de ed. primaria, teñen a súa xornada intercentros de DRAGÓNS na praia fluvial de Pontevedra onde poñeremos en práctica o traballado anteriormente (no pavillón e na visita ao clube de piragüismo). Nesta xornada, toda a rapazada de 5º de ed. primaria dos 5 colexios que conformamos ADESPONT (148 nenxs), faremos carreiras por equipos mixtos e desfrutaremos moito dos dragóns. Quero darlle as gracias de antemán ao Clube de Piragüismo Cidade de Pontevedra, ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia e ao Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra pola súa inestimable axuda para poder levar a cabo esta actividade.


IMPORTANTE:

Tanto o alumnado de coma o de 5º de ed. primaria que participan nas xornadas de Salvamento e Dragóns, teñen que vir cun bañador posto, a roupa deportiva do colexio posta (chándal e camiseta) e tenis nos pes. Recoméndese un chuvasqueiro por si acaso, botar crema de protección solar, chanclas das de atar ou similares e unha viseira. Nunha mochila terán que traer toalla, roupa para cambiarse, muda de roupa interior e calcetíns, e outro chándal e camiseta do cole se teñen ou o uniforme do colexio en caso de que non teñan outro chándal. Nesta mochila se lle recomenda meter unha botella de auga e a súa merenda.

Actividades Deportivas Venres, 9 de xuño

Onte, tivemos unha xornada na que duas clases, tiveron algunha actividade deportiva. Estas son:

As clases de 3º e 4º de ed. primaria fixeron unha andaina pola cidade para coñecer as prazas, rúas e edificios máis representativos da cidade coñecendo a súa importancia e historia. Doulle as gracias ao Servicio de Turismo do Concello de Pontevedra e en especial as súas representantes, Inés e Raquel polo seu magnífico traballo.

Como mostra:











Por outra banda, antes de facer esta andaina, o alumnado de 3º de ed. primaria, fixo a súa xornada intercentros de tenis organizada por ADESPONT e amparado polo Servicio de Deportes da Xunta de Galicia co seu programa XOGADE

Fomos ata as instalacións do Clube de Tenis Pontevedra, A Caeira. Poio, onde a parte de estar toda a rapazada de 3º de ed. primaria dos 5 colexios que integramos ADESPONT (134 nenxs); pasando unha xornada de convivencia, puxemos en práctica o aprendido nas sesións anteriores traballadas no colexio, gracias o material prestado pola Federación Galega de Tenis. Doulle as gracias aos entrenadores de tenis do clube que estiveron con nós durante a xornada e en especial a Chipi e Tosé polo seu gran traballo.

Foi altamente satisfactorio porque os nenxs quedaron encantadxs e con gañas de máis. De seguro que o próximo ano, repetiremos!!!

Para mostra: