Ánimo que xa queda pouco para terminar o curso, pero dende a asignatura de Ed. Física ainda nos quedan bastantes cousas por facer, aquí vos indico o que é:
Para este luns (12-06-23), o alumnado de 6º de ed. primaria, teñen a xornada intercentros de SALVAMENTO e SOCORRISMO na praia fluvial de Pontevedra, onde poñeremos en práctica o aprendido nas dúas sesións anteriores (no pavillón e na piscina de Campolongo). Esperemos que o tempo acompañe, para que sexa a gran xornada que temos pensada. Teño que agradecer de antemán ao Clube SAPO, ao alumnado do TSEAS ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia, ao Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra e aos bombeiros da cidade polo seu grandísimo traballo e protección.
Este martes (13-06-23), mércores (14-06-23) e o vindeiro luns (19-06-23), o noso alumnado de 4º, 6º e 5º de ed. primaria, teñen a derradeira xornada de balonmán en colaboración coa S.D. TEUCRO.
Este mércores (14-06-23), o alumnado de 5º de ed. primaria, teñen a súa xornada intercentros de DRAGÓNS na praia fluvial de Pontevedra onde poñeremos en práctica o traballado anteriormente (no pavillón e na visita ao clube de piragüismo). Nesta xornada, toda a rapazada de 5º de ed. primaria dos 5 colexios que conformamos ADESPONT (148 nenxs), faremos carreiras por equipos mixtos e desfrutaremos moito dos dragóns. Quero darlle as gracias de antemán ao Clube de Piragüismo Cidade de Pontevedra, ao Servicio de Deportes da Xunta de Galicia e ao Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra pola súa inestimable axuda para poder levar a cabo esta actividade.
IMPORTANTE:
Tanto o alumnado de 6º coma o de 5º de ed. primaria que participan nas xornadas de Salvamento e Dragóns, teñen que vir cun bañador posto, a roupa deportiva do colexio posta (chándal e camiseta) e tenis nos pes. Recoméndese un chuvasqueiro por si acaso, botar crema de protección solar, chanclas das de atar ou similares e unha viseira. Nunha mochila terán que traer toalla, roupa para cambiarse, muda de roupa interior e calcetíns, e outro chándal e camiseta do cole se teñen ou o uniforme do colexio en caso de que non teñan outro chándal. Nesta mochila se lle recomenda meter unha botella de auga e a súa merenda.