viernes, 9 de junio de 2023

Máis actividades vosas

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron. Xa fai tempo que non enviavades fotos ou vídeos así que sigo animándovos a que o fagades e que poidamos seguir completando este blogue entre todxs. 

Pertencen ao Xogajudo 2023 celebrado en Salceda de Caselas o pasado sábado 20 de Maio.

Integrado no programa Xogade da Xunta, promociona a iniciación ao Judo precompetitivo cun componente lúdico.
Arthur de segundo de primaria fixo unha gran actuación.



E aquí vos deixo as fotos dos irmáns Olivia e Martín que participaron na Gladiator Race e Olivia subindo unha gran parede. Noraboa!!!