viernes, 20 de diciembre de 2024

Fotos Vosas 9

Ola, ola! Como imos?

Quen o ía dicir, pero xa chegamos ao final do primeiro trimestre. Un trimestre cargado de actividades deportivas que de seguro recordaredes (e se non, podedes visualizar este blogue para refrescalas) e seguiremos aumentando nos dous seguintes; xa veredes nas entradas que seguirei subindo.

Vos recordo que este é un blogue o cal o imos facendo entre todxs, polo que coma sempre vos indico nas sesións de E.F., enviádeme as vosas fotos ou pequenos videos facendo actividades deportivas fóra do horario escolar e subireinos aquí para que os poidamos desfrutar todxs os que formamos esta comunidade educativa do Colexio San José. Devedes envialas ao correo: educacionfisica@cprsanjse.es

Déixovos as últimas que me chegaron:























martes, 10 de diciembre de 2024

Nova Xornada RCP-DESA

Hoxe, martes 10 de decembro, o alumnado das clases de 6º de Ed. Infantil, 1º, 2º e 4º de Ed. Primaria tiveron a súa sesión de RCP-DESA impartidas polo alumnado da Escola de Enfermería de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Como o luns pasado, foi todo un éxito de sesións polo cal estoulles plenamente agradecido a este alumnado como ao seu profesorado que viñeran e compartiran con nós esta interesantísima mañá.

Aprendemos dende como detectar unha emerxencia, chamar ao 112, e facer as primeiras actuacións de RCP, empregar o DESA e colocar o accidentado en posición laterial de seguridade. Tamén aprendemos a facer a maniobra de Heimlich, empregada para desatascar as vías aéreas.

Reportaxe fotográfico:


























jueves, 5 de diciembre de 2024

Fotos vosas 8

Ola, ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos vosas que me chegaron. Como vedes, seguimos practicando deportes novos e paréceme estupendo.

Espero que me sigades mandando máis e máis ao correo educacionfisica@cprsanjose.es

Apertas.




RCP-DESA

O luns pasado tamén tivemos a xorte de contar co alumnado e profesorado da Escola de Enfermería de Pontevedra para impartirnos unhas sesións maxistrais de RCP-DESA, adaptándose as idades dos nosos rapaces. É un luxo poder contar con esta colaboración, a cal levamos fancendo uns anos, posto que non sabemos cando imos necesitar que alguén nos axude ou nos temos que atender unha emerxencia; polo que é fundamental que saibamos como actuar dende pequenos.

Este luns tocoulle o turno as clases de 4º e 5º de Ed. infantil, 3º, 5º e 6º de Ed. Primaria mentres que o martes que ven, tocaralle a 6º de Ed. Infanfil, 1º,2º e 4º de Ed. Primaria.

Espero que lle preguntedes a rapazada, posto que o pasamos xenial e aprendimos moito, moito. Para mostra...