domingo, 30 de abril de 2023

1ª sesión de tenis

O xoves pasado, o alumnado de 3º de ed. primaria tivo a primeira sesión de iniciación ao tenis onde puideron probar e disfrutar deste técnico deporte contando coa inestimable colaboración do Clube de Tenis Pontevedra e concretamente nos seus adestradores Tosé e Chipi, que demostraron a seu bo facer para cos nosos alumnos e alumnas.

Tamén quera darlle as gracias a Carlos Coira, técnico da Federación Galega de Tenis porque gracias a él tivemos as raquetas que xa nos deixaran anteriormente cando fixemos a iniciación ao tenis en febreiro.

Comezamos cunha pequena charla de como se colle a raqueta e logo xa pasamos a "xogar" dándolle de dereita e de revés de forma lúdica, con xogos coma as diferentes puntuacións en función de onde chegaban coa pelota e o autobús, que foron a delicia dos cativos/as.

Próximamente iremos o clube a xogar en pistas de tenis de verdad.

Para comezar, vos deixo o traballado o xoves pasado:

















sábado, 29 de abril de 2023

1ª sesión dragóns 5º ed. primaria

O luns pasado, o alumnado de 5º de ed. primaria tivo a primeira sesión da actividade de Dragóns que imos facer neste tercer trimestre.

Consistiu nunha charla/vídeo onde puideron ver o que ían facer e despois subiron ao ergómetro e probaron o que é remar. Remaron de dereita e de esquerda para saber o seu lado dominante.

Teño que darlle as máis sinceiras gracias o Clube Piragüismo Cidade de Pontevedra e concretamente o seu adestrador Jose María, por formar parte desta nova actividade que de seguro que triunfa nos nosos rapaces e rapazas.

Aquí vos deixo as primeiras fotos do realizado:















viernes, 28 de abril de 2023

Deportes que practicades

Ola, ola, como imos?

Espero que moi ben e de seguro que con moitas gañas de practicar máis deporte agora que chega o bo tempo!!!

Invítovos a que me enviedes fotos ou vídeos vosos facendo cualquier actividade deportiva fóra do colexio e mas enviedes a educacionfisica@cprsanjose.es

Aquí vos deixo o que me chegou esta semana...










viernes, 21 de abril de 2023

Máis actividades vosas

Aquí vos deixo os vídeos e fotos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do cole. Xa sabedes que podedes enviarmas ao ocrreo educacionfisica@cprsanjose.es









lunes, 17 de abril de 2023

Nova Xornada Intercentros

Este próximo xoves, 20 de abril o noso alumnado de 3º de educación primaria visitará o colexio de Santo André de Xeve onde compartiremos unha xornada deportiva na cal faremos diferentes probas de Atletismo, Pelota Canadiense, Kickball e Floorball; a parte de pasar unhas horas de convivencia entre ámbalas dúas clases.

Esta xornada vai dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Para ese día, os rapaces e rapazas terán que vir co chándal do colexio, cunha mochila pequena coa súa merenda (ainda que alí terán froita e auga para repoñer forzas) e unha cantimplora ou botelliña de auga para poder refrescarse.

O máis importante de todo e pasalo ben e pasar unha xornada de convivencia con rapaces e rapazas da nosa mesma idade doutro colexio. Unha vez conseguido esto obxectivo principal, temos tamén a intención de facer todos os deportes indicados anteriormente, fomentando a importancia de facer actividades físicas.

Mostrareivos as fotos co que realicemos.


















Teño que darlle as gracias tanto aos rapaces e rapazas como o mestre Carlos do CEIP Santo André de Xeve pola súa amabilidade e acollemento tan bo para con nós.