Ola, ola, como imos?
Acábame de chegar o resultado da nosa participación na xornada de Atletismo en Pista que fixemos coa nosa clase de 5º de educación primaria o xoves, 30 de marzo.
Quero felicitar aos nosos/as deportistas. Fixérono xenial e de seguro que o pasaron mellor todavía. O obxectivo principal da xornada era convivir con outros rapaces e rapazas doutros colexios de Pontevedra e arredores, pasalo moi ben e facer un pouco máis de deporte. Creo que o censeguimos!!!
Máis adiante, intentaremos que esta mesma clase faga unha xornada no CGTD para vivenciar de primeira man as diferentes modalidades deste fantástico deporte do ATLETISMO.