Ola, este próximo mércores día 19 de abril o noso alumnado de 6º de educación primaria vai participar na actividade de piragüismo-dragóns pertencente o Programa XOGADE da Xunta de Galicia.
Como os anos anteriores, seguro que disfrutaremos moito da xornada posto que é unha actividade xenial onde para que o "barco" vaia, temos que traballar en equipo.
Xa vos mostrarei o resultado...
Xa falei cos rapaces e rapazas, pero vos deixo aquí o necesario para poder facer a actividade:
Teñen que saber nadar (firmastes un certificado que así o reflicte)
Pantalón curto ou mallas
Camiseta do colexio
Calcetíns e chanzas das de atar ou escarpíns
Chuvasqueiro
Toalla e roupa para cambiarse en caso de que nos mollemos (de seguro que o faremos)