domingo, 30 de abril de 2023

1ª sesión de tenis

O xoves pasado, o alumnado de 3º de ed. primaria tivo a primeira sesión de iniciación ao tenis onde puideron probar e disfrutar deste técnico deporte contando coa inestimable colaboración do Clube de Tenis Pontevedra e concretamente nos seus adestradores Tosé e Chipi, que demostraron a seu bo facer para cos nosos alumnos e alumnas.

Tamén quera darlle as gracias a Carlos Coira, técnico da Federación Galega de Tenis porque gracias a él tivemos as raquetas que xa nos deixaran anteriormente cando fixemos a iniciación ao tenis en febreiro.

Comezamos cunha pequena charla de como se colle a raqueta e logo xa pasamos a "xogar" dándolle de dereita e de revés de forma lúdica, con xogos coma as diferentes puntuacións en función de onde chegaban coa pelota e o autobús, que foron a delicia dos cativos/as.

Próximamente iremos o clube a xogar en pistas de tenis de verdad.

Para comezar, vos deixo o traballado o xoves pasado: