O luns pasado, o alumnado de 5º de ed. primaria tivo a primeira sesión da actividade de Dragóns que imos facer neste tercer trimestre.
Consistiu nunha charla/vídeo onde puideron ver o que ían facer e despois subiron ao ergómetro e probaron o que é remar. Remaron de dereita e de esquerda para saber o seu lado dominante.
Teño que darlle as máis sinceiras gracias o Clube Piragüismo Cidade de Pontevedra e concretamente o seu adestrador Jose María, por formar parte desta nova actividade que de seguro que triunfa nos nosos rapaces e rapazas.
Aquí vos deixo as primeiras fotos do realizado: