Hoxe temos a primeira sesión de iniciación o deporte de Salvamento Acuático e Socorrismo contando coa colaboración do Clube SAPO e específicamente na persoa de David, o seu director deportivo.
É un luxo contar coa súa presencia e de seguro que o aproveitamos moito, moito.
Esta toma de contacto servirá para que o alumnado coñeza de primeira man en que consiste a actividade, que vexan que logo se poden dedicar de forma deportiva ou profesional a esta disciplina, veremos todo o material que empregan e como se utiliza.
O metemos agora, despoís de facer o Programa RCP na aula, porque así relacionamos un co outro.
A segunda sesión desta actividade a faremos na piscina de Campolongo a principios do mes de maio e logo, en xuño, faremos a terceira sesión na praia contando con todos os rapaces e rapazas de 6º de primaria dos colexios que nos apuntamos a este actividade.
Xa publicarei as fotos correspondentes...