Este próximo xoves, 20 de abril o noso alumnado de 3º de educación primaria visitará o colexio de Santo André de Xeve onde compartiremos unha xornada deportiva na cal faremos diferentes probas de Atletismo, Pelota Canadiense, Kickball e Floorball; a parte de pasar unhas horas de convivencia entre ámbalas dúas clases.
Esta xornada vai dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia.
Para ese día, os rapaces e rapazas terán que vir co chándal do colexio, cunha mochila pequena coa súa merenda (ainda que alí terán froita e auga para repoñer forzas) e unha cantimplora ou botelliña de auga para poder refrescarse.
O máis importante de todo e pasalo ben e pasar unha xornada de convivencia con rapaces e rapazas da nosa mesma idade doutro colexio. Unha vez conseguido esto obxectivo principal, temos tamén a intención de facer todos os deportes indicados anteriormente, fomentando a importancia de facer actividades físicas.
Mostrareivos as fotos co que realicemos.
Teño que darlle as gracias tanto aos rapaces e rapazas como o mestre Carlos do CEIP Santo André de Xeve pola súa amabilidade e acollemento tan bo para con nós.