lunes, 30 de enero de 2023

Fotos vosas

Aquí vos deixo as últimas fotos e vídeos que me chegaron de compañeiras e compañeiros vosos facendo actividades deportivas fóra do colexio.

Anímosvos a todos e todas para que mas enviedes e así poida eu subilas a este blogue deportivo do colexio e montalo entre todos e todas, formando parte todo o alumnado do centro.

Sabedes que tedes que enviarmo a: educacionfisica@cprsanjose.es












domingo, 29 de enero de 2023

Xornada Intercentros. CPR San José - CEIP Froebel

Ola, o mércores pasado, tivemos a primeira xornada intercentros onde participamos o noso colexio e o Froebel co alumnado de 5º de educación primaria.

Nesta xornada fixemos o deporte da Orientación e tamén tivemos tempo para facer os deportes alternativos de Floorball, Pelota Canadiense e Kickball.

Foi todo un éxito e todos/as os rapaces e rapazas disfrutamos desta xornada de convivencia e deporte, nun ambiente san e de cordialidade, quedando con gañas de repetir en vindeiras ocasións.

O equipo locatario, o colexio San José, foi o encargado de "invitar" os nosos convidados con froita, auga e leite, para repoñer as forzas gastadas durante a xornada.

Déixovos aquí unhas fotos cos deportes que fixemos.















A seguinte xornada intercentros será a finais do mes de febreiro no cal "invitamos" o noso pabillón o CEIP Xunqueira I co alumnado de 4º de educación primaria e onde practicaremos o deporte do bádminton.

jueves, 26 de enero de 2023

Charla Hábitos Vida Saudables. AECC

Ola, ola, como ides?

Na xornada de onte, tivemos cos pais e nais que se apuntaron, a charla de presentación do Proxecto de Hábitos de Vida Activa e Saudable que estamos a facer no colexio en colaboración coa AECC.

Estivemos moi ben e tanto os pais, nais coma profesores que asistimos, sacamos algo en limpo e aproveitamos para solventar as nosas dúbidas.

Agora, tócanos implementalo na casa en colaboración co que traballamos no cole. Déixovos aquí os programas que está a realizar cada clase:

Clase de 4º Ed. Infantil (3 anos) - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 5º Ed. Infantil (4 anos) - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 6º Ed. Infantil (5 anos) - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 1º Ed. Primaria - MERENDAS SAUDABLES.

Clase de 2º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 3º Ed. Primaria - MERENDAS ACTIVAS e CIRCUÍTO VERTICAL.

Clase de 4º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS e CAMIÑO DE SANTIAGO.

Clase de 5º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS, MERENDAS SAUDABLES e CAMIÑO de SANTIAGO.

Clase de 6º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS, MERENDAS SAUDABLES e CAMIÑO de SANTIAGO.

Aquí vos deixo o enlace onde podedes ver o que estamos a facer no colexio e algunha idea de como podedes traballar na casa.

Programas Hábitos de Vida Saudable

martes, 17 de enero de 2023

Charla-coloquio AECC

Ola, ola, que tal? Como imos?

Xa estamos de volta e para comenzar, temos unha charla-coloquio o próximo mércores 25 de xaneiro as 16:30 horas.

Nesta charla impartida polo personal técnico da Asociación Española contra o Cancro (AECC), falaremos do "Proxecto de Vida Activa e Saudable" que estamos a realizar no centro, polo que consideramos a súa presencia, imprescindible porque en parte do proxecto, é fundamental a súa participación, polo que vos esperamos nesta importante charla.

Xa tedes a folla para que vos inscribades que vola enviou as titoras dos vosos fillos e fillas o fin de semana pasado e tedes ata este próximo venres, 20 de xaneiro para apuntarvos. Animádevos, vos esperamos.

Deíxovos a folla de inscripción aquí por si tedes dúbidas:

Inscripción charla Proxecto de Vida Activa e Saudable