jueves, 26 de enero de 2023

Charla Hábitos Vida Saudables. AECC

Ola, ola, como ides?

Na xornada de onte, tivemos cos pais e nais que se apuntaron, a charla de presentación do Proxecto de Hábitos de Vida Activa e Saudable que estamos a facer no colexio en colaboración coa AECC.

Estivemos moi ben e tanto os pais, nais coma profesores que asistimos, sacamos algo en limpo e aproveitamos para solventar as nosas dúbidas.

Agora, tócanos implementalo na casa en colaboración co que traballamos no cole. Déixovos aquí os programas que está a realizar cada clase:

Clase de 4º Ed. Infantil (3 anos) - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 5º Ed. Infantil (4 anos) - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 6º Ed. Infantil (5 anos) - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 1º Ed. Primaria - MERENDAS SAUDABLES.

Clase de 2º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS.

Clase de 3º Ed. Primaria - MERENDAS ACTIVAS e CIRCUÍTO VERTICAL.

Clase de 4º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS e CAMIÑO DE SANTIAGO.

Clase de 5º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS, MERENDAS SAUDABLES e CAMIÑO de SANTIAGO.

Clase de 6º Ed. Primaria - PAUSAS ACTIVAS, MERENDAS SAUDABLES e CAMIÑO de SANTIAGO.

Aquí vos deixo o enlace onde podedes ver o que estamos a facer no colexio e algunha idea de como podedes traballar na casa.

Programas Hábitos de Vida Saudable