domingo, 29 de enero de 2023

Xornada Intercentros. CPR San José - CEIP Froebel

Ola, o mércores pasado, tivemos a primeira xornada intercentros onde participamos o noso colexio e o Froebel co alumnado de 5º de educación primaria.

Nesta xornada fixemos o deporte da Orientación e tamén tivemos tempo para facer os deportes alternativos de Floorball, Pelota Canadiense e Kickball.

Foi todo un éxito e todos/as os rapaces e rapazas disfrutamos desta xornada de convivencia e deporte, nun ambiente san e de cordialidade, quedando con gañas de repetir en vindeiras ocasións.

O equipo locatario, o colexio San José, foi o encargado de "invitar" os nosos convidados con froita, auga e leite, para repoñer as forzas gastadas durante a xornada.

Déixovos aquí unhas fotos cos deportes que fixemos.















A seguinte xornada intercentros será a finais do mes de febreiro no cal "invitamos" o noso pabillón o CEIP Xunqueira I co alumnado de 4º de educación primaria e onde practicaremos o deporte do bádminton.