viernes, 29 de abril de 2022

Actividade rítmica

Ola, aquí vos deixo a último que me chegou dunhas compañeiras vosas. 

Este ano puidemos voltar a disfrutar dos mellores torneos de ximnasia rítmica do ano: O 10º Torneo Internacional Marusia (Ourense, celebrado o 14/04/2022)  e o Torneo Viravolta (Santiago de Compostela, celebrado o 23/04/2022). No primeiro, o conxunto de Inés proclamouse vencedor dun total de 18 conxuntos. No segundo, algunas imprecisions, as relegaron a un 3º posto. Pero ahí están contentísimas e  na loita polo campionato galego.

Moita ánimo!!!







                                                   

miércoles, 27 de abril de 2022

Actividade dos Dragóns

Como vos indicara, hoxe, o alumnado de 6º de educación primaria, participau na xornada de "bautismo en dragóns" pertencente ó programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Foi moi interesante e productiva, xa que os nosos rapaces e rapazas, a parte de coñecer o Pontillón do Castro, que según eles/as a gran maioría non o coñecía, entraron en contacto cun deporte de equipo e de auga. É unha modalidade "nova" de piragüísmo, onde aprendemos a importancia de traballar en equipo para acadar os resultados.

Teño que destacar, que mollámonos un pouce de máis, pola pouca coordinación entre nos os palistas, pero foi a nota altamente graciosa e quedo coa satisfacción de probar un deporte novo e abrirlle a posibilidade de practicar outra disciplina deportiva.

Aquí vos quedan as fotos e vídeo certificando a nosa participación, pero de seguro, quen mellor vos pode contar a experiencia, son os protagonistas, que a viviron en primeira persoa. Preguntádelle!!!













































Dragóns-piragüismo

Ola, ola, que tal?

Hoxe é un día especial para o alumnado de 6º de educación primaria. Van experimentar cos dragóns, embarcacións de remo onde temos que traballar en equipo para poder avanzar, así que a diversión está garantizada!!!

Condo remate, subirei as fotos correspondientes para que o vexades directamente (a parte, das grandes historias que vos contarán os protagonistas).

Apertas.

viernes, 22 de abril de 2022

Máis actividades

Ola, bo día! Como ides?

Espero que ben. Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de actividades deportivas vosas. Como vedes, xa pode entrar o público nas instalacións deportivas e tanto os/as deportistas como os/as afeccionados/as, podemos disfrutar dos deportes dos nosos cativos/as.











Podedes seguir enviando as vosas fotos ou vídeos o seguinte correo:

educacionfisica@cprsanjose.es

viernes, 8 de abril de 2022

Actividades vosas

Ola, publico aquí as derradeiras actividades deportivas vosas feitas fóra do colexio. Como vedes, temos uns verdadeiros atletas...

Anímovos a que sigades mandando fotos ou vídeos o seguinte correo:

educacionfisica@cprsanjose.es



miércoles, 6 de abril de 2022

Atletismo

Este luns, 04-04-2022, fixemos a actividade de atletismo en pista co noso alumnado de 5º de educación primaria contando coa colaboración de Joao, atleta e adestrador da Sociedade Gimnástica de Pontevedra.

É unha actividade complementaria da que fixeramos o martes (01-02-2022) na que competimos contra outros rapaces e rapazas doutros colexios, e nesta xornada, fixemos as mesmas probas deportivas pero entre nos, e o día resultou expectacular porque a parte de facer deporte, probar outras disciplinas deportivas, fomentamos a convivencia en grupo fóra do "proteccionismo" da aula.

Para mostra, deixo aquí as fotos: