viernes, 31 de enero de 2025

Sesión BAILE MODERNO

O luns pasado, o alumnado de 5º de ed. primaria, tivo a sorte de contar coa presencia das bailarinas e adestradoras da Escola de Danza Fita Novas, Inés e Nana, almas máter do Baile Moderno desa Escola para preparar a nosa participación na xornada do 12 de febreiro onde coincidiremos con 270 compañeirxs doutros centros escolares de Pontevedra e a súa contorna.

Foi todo un éxito polo cal estoulles moi agradecido a elas e a rapazada pola súa implicación e participación.















 

jueves, 30 de enero de 2025

Entrega carnets CIBEREXPERTOS

Ola, ola, que tal?

No día de hoxe, o noso alumnado de 6º de ed. primaria recibiu o seu carnet persoal de CIBEREXPERTO da man das autoridades correspondentes, o Subdelegado do Goberno, Abel Losada e o Comisario Xefe Provincial, Juan José Díaz Jiménez; despois de recibir a formación dunha hora cada día durante unha semana da man das axentes da Policía Nacional delegadas de Participación Cidadá da Comisaría de Pontevedra.

Noticia Pontevedraviva

Noticia Faro de Vigo

domingo, 26 de enero de 2025

Ampliación de actividades deportivas mes de Xaneiro

Teño que informarvos de que ampliamos as actividades deportivas de xaneiro, unha vez confirmadas polas entidades correspondentes.

Teño que agradecerlle as adestradoras que veñen, posto que é un luxo poder contar coa súa presencia.

O luns, 27 de xaneiro - O alumnado de 5º de Ed. Primaria terá a súa sesión de BAILE MODERNO impartida por Nana e Inés, coreógrafa e bailarinas no grupo de Fita Novas que nos servirá de preparación para a Xornada Intercentros do día 12 de febreiro.

O mércores, 29 de xaneiro - O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria terá a oportunidade de probar o BALONCESTO en CADEIRAS de RODAS no pavillón Pablo Beiro de Bouzas, Vigo; contando coa inestimable colaboración do Clube en Baloncesto en Cadeira de Rodas AMFIV (Vídeo resumo) e continuar coas nosas sesións de sensibilización coa discapacidade.

lunes, 20 de enero de 2025

GOALBALL

Despois destas sesións de iniciación ao GOALBALL, xa temos verdadeiros profesionais do deporte, posto que seguen a normativa e practicaron moito e para mostra, vos deixo as seguintes fotos para que o comprobedes:























Teño que darlle as gracias ao personal do Centro de Recursos Educativos da Once, que me prestou parte do material empregado. A outra parte, agradézollo a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT).


viernes, 17 de enero de 2025

Fotos vosas 10

Ola, ola, que tal? Como ides? Espero que moi ben coa incorporación as "actividades habituais".

Aquí vos deixo as últimas fotos/videos que me chegaron e coma sempre, vos animo a que enviedes as vosas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es e así poder seguir formando este blogue entre todxs!!!



miércoles, 8 de enero de 2025

Inicio 2º trimestre. Actividades Deportivas mes de Xaneiro

Xa estamos de volta!!! Espero que pasarades unhas boísimas Festas de Nadal e que vos servira para cargar as pilas de novo. De seguro que é así, así que aquí vos deixo a programación deportiva para o mes de Xaneiro.

Como vedes, temos pouca cousa, porque ireivos aumentando as actividades deportivas cando vaia avanzando este 2º trimestre. Esperemos que o levemos o mellor posible. Moito ánimo e a por elo!!!

Dende o 8 ao 27 de Xaneiro teremos o material de GOALBALL prestado pola Fundación ONCE dentro da sensibilización de persoas con diversidade funcional, sensorial e visual que estamos a facer implementado os deportes adaptados.

Vídeo 1

Vídeo 2

O 28 de Xaneiro: O alumnado de 4º de Ed. Primaria terá a súa sesión de PÁDEL nas instalacións do Sei San Narciso de Marín impartidas polos adestradores do propio clube do centro, dentro do programa XOGADE.