jueves, 30 de abril de 2020

E máis actividades deportivas

Ola, que tal?

Aquí vos van máis tarefas deportivas feitas polos vosos compañeiros. Están xenial e son fabulosas. As sesións que vos mandei esta semana, xa deron os seus primeiros froitos, e temos a algúns bailaríns que o fan estupendamente, non credes? 
Espero que sigades mandando os vosos traballos e así compartilos con todos neste blogue.

O próximo luns, vos propondrei outro circuito que espero que vos guste, para seguir mellorando e practicando as cualidades físicas básicas. Sei que algún de vos, no circuito anterior o chegar o terceiro exercicio pediades papas, tan mal vos sentou este periodo "parados"? Ánimo para o seguinte circuito e xa me diredes como vos custou. 
Tamén animo as profes e o profe, a que tamén o fagan; despois que nos manden os seus vídeos e comparamos.

A QUE ESPERADES?










miércoles, 29 de abril de 2020

Máis rutinas...

Ola, como ides? Seguro que moi ben. Ánimo que xa queda menos.

Que tal pola rúa cando saídes? Levades bicis, monopatíns, triciclos, pelotas... Podedes mandar fotos ou vídeos coas vosas actividades deportivas. Recordade envialas a colexiosanjose@hotmail.com

GRACIAS

Aquí vos deixo máis traballos dos vosos compañeiros e compañeiras. Vos animades os demáis???







Outro vídeo, Premer aquí

lunes, 27 de abril de 2020

Día da Educación Física

Co motivo da celebración do Día da Educación Física de mañá, 28-04-20, e xa que non podemos celebralo no colexio, como vimos facendo os últimos anos; intentaremos implicar o alumnado e as súas familias para que incrementemos a visibilidade da Educación Física facendo algunha sesión dende a casa ou practicando algún deporte nesa hora que saímos á rúa invadindo as redes sociais con imaxes e vídeos curtos baixo o hashtag # DEFC2020 (Día da Educación na Casa) e #DEFR2020 (Día da Educación Física na Rúa).

Por se algún está interesado, pode visionarse unha sesión especial de educación física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), conducidas por docentes que farán un percorrido a través de varios contidos curriculares, de forma lúdica e dinámica ás que se poden unir toda a familia. Serán a través do canle de Youtube no seguinte horario: Primaria ás 10:00 horas, Secundaria ás 11:00, e Bacharelato ás 12:00.

Déixovos aquí uns enlaces que poden resultar de interese:


domingo, 26 de abril de 2020

Traballo duro do fin de semana

Ola, que tal? Cómo foi este día? Fostes dar un paseiño pola rúa? Espero que estedes moi ben e que nos vexamos dentro de pouco.

Aquí vos van rutinas dos vosos compañeiros e compañeiras durante o fin de semana. Traballaron moito, non vos parece?

Seguide mandando os vosos exercicios diarios de educación física o seguinte e-mail: colexiosanjose@hotmail.com. Agora, co tema de poder sair da casa, seravos máis doado, no?






Proposta Ed. Física para esta semana

Ola a tod@s! Como o levades?

Imaxino que moi ben despois de poder sair á rúa no día de hoxe, ainda que sexa por pouco tempo, pero algo e algo. Pensade, que a partires de agora, poderemos sair todos os días unha hora cada día!!! despois de todas estas xornadas pasadas confinados na casa... penso que podemos estar máis que encantados, non credes?

Probastes a facer o circuito que vos propuxen o luns pasado? Como vos foi? convencíchedes os vosos pais/nais para que vos acompañaran? Espero que me mandedes os vosos vídeos e fotos facéndoo; recordade mandalos o e-mail colexiosanjose@hotmail.com. Gracias.

Este circuito, o podedes facer as veces que queirades, xa sabemos que canto máis practiquemos, mellor sairá. ÁNIMO!!!

Para esta semana, vos propoño uns bailes ou coreografías adaptadas para cada unha das vosas idades. Podedes ver todos os enlaces e facer os que queirades, eu so vos digo os que considero mellor adaptados para as vosas idades. Vós, decidides!

Para o alumnado de Ed. Infantil:
Baile I
Baile II
Baile III

Para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria:
Baile I
Baile II
Baile III

Para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria:
Baile I
Baile II
Baile III

Para o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria:
Baile/coreografía I
Baile/coreografía II
Baile/coreografía III

viernes, 24 de abril de 2020

Rutinas dos compañeiros/as

Ola, como o levades? Desexo que moi ben e vos animo a que sigades traballando como o estades a facer, é estupendo que enviedes fotos e vídeos das cousas que facedes, está xenial.

Moitas gracias a os que mandades os vosos exercicios, e animo a os que non mandaron nada todavía que o fagan porque está moi ben ver que seguides activos e con moitas gañas de facer cousas.

Que vos pareceu o circuito? Duro, din algúns, je, je. Xa veredes que despois de facelo varias veces, cambia o conto e o faredes sen problema ningún.

Vos mando vídeos dos vosos compañeiros.








miércoles, 22 de abril de 2020

Rutinas

Ola, que tal?

Aquí vos van máis traballos deportivos dos vosos compañeiros e compañeiras. Que fantástico, estou encantado! Algúns seguen mandando como practican cos xogos tradicionais, que chulada; e outros...mandades "fútbol adaptado a un piso", novo deporte olímpico para os Xogos de Tokio 2021. Pero tamén, temos exercicios do circuito proposto.






Que vos parece o circuito que vos mandei o luns? Espero que o fagades e o pasedes moi ben xogando con él. Eeeeeeeh, conseguíchedes que o fixeran os vosos pais, nais, avós, avoas e irmáns maiores e pequenos??? Espero que me mandedes os vosos vídeos e fotos.

ANIMÁDEVOS!!!

lunes, 20 de abril de 2020

Circuíto I

Ola, como ides?

Aquí vos deixo un traballo para que fagades, se queredes, onde mediante exercicios analíticos podemos realizar unha gran sesión. Fixen un circuíto para que podamos xogar/traballar tod@s, dende os máis pequenos, os nosos cativos/as de 3 anos, ata os máis maiores, os rapaces e rapazas de 6º de primaria. En cada exercicio, vos aparecen as repeticións, pesos ou segundos necesarios realizar por cada idade. Recoméndovos que cando os fagades, algunha persoa maior esté con vos, para explicarvos o que non teñades claro (e de paso, liades a esa persoa para que o faga con vos, e sempre será máis divertido), pero sssssssssssssssh, que non o saiban, así eles tamén o teñen que facer!!!

Ánimo e espero que o fagades e me mandedes os voso vídeos facendoo.

SODES uns VERDADEIROS CAMPIÓNS!!!

Premer aquí: Circuíto I

Rutinas do fin de semana

Ola, ola! Que tal o fin de semana? Imaxínome que moi ben, de feito, aquí vos mando traballo realizado por compañeiros vosos. Os que ainda non mandastes nada, sería hora de que o fixerades, non vos parece?

Espero que me sigades mandando os vosos exercicios. 

Un FORTE ABRAZO para TOD@S!!!





Tamén eu fago as miñas rutinas diarias, aquí vai un exercicio que fago en repetidas ocasións durante o meu traballo. Vos animades?



viernes, 17 de abril de 2020

E máis rutinas...

Ola, como ides?

Aquí vos van novas rutinas dos vosos compañeiros. Como vedes, seguen facendo traballo deportivo dende as súas casas.

Alégrame moito que fagades algúns dos xogos que vos poño no blogue, e seguirei facendo para animarvos un mouco a facer deporte neste tempo de estar por casa.

Moito ánimo e espero que sigades mandando as vosas rutinas deportivas.






miércoles, 15 de abril de 2020

Máis actividades deportivas

Ola, que tal?

Ahí vos van novos vídeos dos vosos compañeiros. Que vos parecen?

Como podedes ver nestes e nos vídeos e fotos das anteriores entradas; temos compañeiros/as moi habilidosos/as e moi atletas, por conseguinte, espero e desexo que sigades mandando as vosas aportacións, para que vexamos como vos "movedes".

SAÚDOS e A SEGUIR!!!




martes, 14 de abril de 2020

Xogos Tradicionais

Ola! Que tal? Como ides? Aquí vos deixo unha sesión de xogos tradicionais para que podades xogar en familia, compartindo entre pais-avós-fillos-etc. e fillos-pais-avós-etc. e intercambiar opinións ó respecto, porque son xogos de "toda a vida" e que todos xogamos algunha vez, adaptando as normas a cada lugar e xeneración. Preguntádelle os vosos maiores como xogaban eles de pequenos.

Sabedes que no cole, sempre facemos dúas épocas ó ano deste tipo de xogos, unha no periodo do magosto e outro, ó final de curso, así que creo que é un bo momento para practicar agora. Vos fai?

* PELOUROS (TABAS, CHUCA): Ten moitos nomes. Eu chámolle pelouros porque eran pelouros o que empregábamos para xogar. Pode xogar unha persoa soa, pero é máis divertido competir con alguén. Podes xogar con cantos pelouros queiras, 5, 7, un número impar, ou todos os que che collan na man.
O xogo consiste en coller os pelouros no aire sen que che caian ao chan, seguindo unhas normas.

1.- O xogador que comeza colle todos os pelouros na palma dunha man. Tíraos ao aire (non moi alto) e dálle a volta á man, tentando coller no dorso, a lo menos, un pelouro, senón, perdes.

2.- Ese ou eses pelouros os lanzas ao aire de novo e os volves coller coa mesma man. Se non os colles perdes, e se colles un número IMPAR deles, tamén perdes.

3.- Un pelouro deses que tes na man, o lanzas de novo ao aire, e coa mesma man tes que ir recollendo os que tes no chan, podes ir de un en un, ou de dous en dous, depende da túa pericia, de modo que non che quede ningún no chan. OLLO: non te poden quedar tres pelouros no chan para o final, senón, perdes.

Neste enlace tes un exemplo de como se lanzan os pelouros.


Tenta xogar cunha man e tamén coa outra; cos ollos pechados, cun ollo aberto e outro pechado; sentado no chan, de xeonllos ou agochado.

·  AS CHAPAS: Poderemos xogar as chapas por toda a casa, podemos facer carreiras, delimitar un circuíto con obstáculos, facelo en folios de papel pegados ao chan con curvas, xiros, pasando por debaixo das mesas....o que a vosa imaxinación vos deixe!

·    SALTAR Á CORDA: Tedes unha corda na casa? Saltar á Comba é un exercicio moi completo e unha coordinación que require moita destreza. Ten coidado onde saltas, separa calquera obstáculo que poida haber arredor de ti e.... A XOGAR!!!!

Algúns exercicios que podedes facer son:

- Saltar cos dous pés á vez e no sitio cara adiante; cara atrás; sen cruzar a corda, cruzando a corda; saltando dúas persoas á vez cara adiante; dúas persoas á vez cara atrás.

- Saltar con pés alternativos cara adiante e movéndote...

- Intercalando diferentes tipos de saltos de xeito continuo...

·     O PELETRE: tes que lanzar unha peza (bola de papel, tapón dunha garrafa de auga, etc) que caia no cadrado primeiro, logo, saltar a pata coxa ou apoiando cada pé nun cadrado diferente segundo corresponda.

·     * OS BOLOS: Se non temos un xogo de bolos propiamente dito, podemos facer un empregando botellas de auga pequenas ou grandes, segundo teñamos, cun pouco de auga para que teñan un pouco de peso, e lanzar unha pelota dende a distancia que vexamos máis convinte para nós e para o espacio de xogo ou facemos con papel de xornal unha bola recuberta de cinta de embalar.

·    O TROMPO: Podemos xogar a bailalo no garaxe, patio exterior ou xardín que teñades. Logo de bailalo, podemos intentar collelo coa man, collelo coa corda e volver a lanzalo, e todo o que se vos ocorra.

·   CARREIRA DE SACOS: Todos sabemos como vai, pero en caso de non ter sacos na casa, podemos atalos pes cunha corda, e xa podemos facer a carreira!!!

·    A RÁ: Trátase de meter unha chapa nun oco, e cada oco ten un valor. A chapa, podémola facer con dous tapóns de botellas de auga enchidos con plastilina e pechados con celo e os ocos, podemos facelos con vasos de plástico pegados o chan con celo de dobre cara, e cada vaso ten un valor segundo a distancia dende o punto de lanzamento.

·   SOGATIRA: Adaptamos o xogo, colocándonos un compañeiro en fronte do outro, collemos as monecas do compañeiro mutuamente, e a voz de xa!, cada un tira para o seu campo sen soltalas mans nunca, para evitar caernos.

·    AS CANICAS: Apto para os que teñan terreo, podemos xogar o burato, ver quen chega antes a liña de meta con menos toques, etc.

A POÑERSE EN FORMA!!!

lunes, 13 de abril de 2020

Seguen as rutinas deportivas

Ola a todos! Que tal de "vacacións"? Espero e desexo que moi ben. Aquí vos deixo máis rutinas deportivas dos vosos compañeiros/as.

Están xenial, moitas gracias a todos e todas e espero que sigades a mandar máis exercicios vosos para que podamos seguir subíndoos ó blog.

SAÚDOS!!!








domingo, 5 de abril de 2020

Día Internacional do Deporte

Ola, que tal?

Só quería recordarvos que mañá, 6 de abril de 2020, celébrase o Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz, promovido pola Organización de Naciones Unidas (ONU) dende o ano 2013, fecha escollida para conmemorar os primeiros Xogos Olímpicos levados a cabo en Atenas, Grecia no 1896.

Deixovos aquí dous enlaces por si queredes informarvos un pouquiño máis.

APERTAS para TOD@S!!!

E máis exercicios dos compañeiros/as

Ola a tod@s, que tal?

Aquí vos van máis fotos e vídeos dos compañeiros/as que mandaron estes derradeiros días.

Espero que vos gusten e que pasedes o mellor posible estes días.

Un abrazo moi grande e saúdos para todos; nais, pais, irmáns e vos mesmos!!!








viernes, 3 de abril de 2020

Xogos con material de reciclaxe III


Bos días familias:

Aquí vos vai unha nova entrega de actividades manipulativas e recreativas para estes días. Espero que vos guste. Moito ánimo para todo o mundo.

XOGOS CON GLOBOS:

É que tal xogar con globos?  Un obxecto moi sinxelo que seguro que temos todos e todas na casa. Tan só temos que inchalo e...

A XOGAR!

Podes xogar cun globo:
* Lánzao ao aire durante un minuto cunha man; coa outra; cun cóbado, co outro; cun xeonllo, co outro; cun pé, co outro...coa cabeza, cos ombros...Dálle alternando unha man e a outra; un xeonllo e o outro;  un cóbado e o outro; diferentes partes do corpo, sen que caia ao chan....

* Lánzao ao aire e da unha volta sobre ti mesmo antes de darlle de novo; lánzao ao aire, agóchate e vólvete a levantar, antes de darlle de novo; lánzao ao aire, tómbate no chan e levántate outra vez antes de darlle de novo.

* Pon música e baila mentres golpeas o globo con diferentes partes do corpo.

* Xoga cunha parella: pasándoo sen que caia ao chan con diferentes partes de corpo e en diferentes posicións: de pé, sentados, tombados, de costas...

* Fai un circuíto: con mesas, cadeiras, coxíns...

* Golpea o globo coma se estiveras xogando ao Voley (fíxate como se poñen as mans e os brazos)






Imaxes: wikiHow


E cando nos aburramos de xogar, o podemos REUTILIZAR facendo pelotas saltarinas:


COMO FACER PELOTAS SALTARINAS CON GLOBOS:

Esta manualidade require de moita destreza, e ao mellor necesitades a axuda dun adulto, pero funciona superben e a pelota bota dun modo incrible!

Material: Globos de cores.
Elaboración: Corta o globo en tiriñas nin moi grosas nin moi finas. Vai poñéndoas como se foran coleteiros, enroscándoas arredor dunha pedriña ou boliña de papel de aluminio. 







Eu aproveitei estes dous que tiña na casa pero, cantas máis tiriñas lles poñades, máis grande será e chimpos máis altos dará!.

Lembra que os globos non se poden reciclar no contedor amarelo, aínda que parecen de plástico, non o son, e terás que depositalo no contedor onde vai o lixo que non se pode reciclar.



+ rutinas deportivas...

Bos días, que tal?

Unha nova entrega dos vosos exercicios diarios que me ides mandando. Como vedes, algún repite pero é o que podo facer, porque son os que mandan os seus "traballos" diarios. Gustaríame que os demáis, madarades algo co paso dos días. Espérovos. Que teñades unhas voas "vacacións" de Semana Santa.

MOITO ÁNIMO e SAÚDOS para TOD@S!!!








jueves, 2 de abril de 2020

Máis actividades deportivas

Ola, como o levades? Espero e desexo que moi ben, ou a lo menos, o mellor posible.

Aquí vos mando algúns exercicios novos dos compañeiros/as, espero que sigades mandando cousas para poder seguir publicando.

Por favor, vos agradecería que mandarades os vosos vídeos e fotos o seguinte e-mail: colexiosanjose@hotmail.com, por que así, eu o vexo directamante. Moitas gracias. Ah! e estaría xenial, que fagades vídeos que sexan curtos para que non pesen moito e poida subir os máximos posibles. É polo ven de tod@s. Gracias.

MOITO ÁNIMO e SAÚDOS para TOD@S!!!


PD.: Moitísimas gracias a todos os pais e nais polo voso "traballo" gravando e facendo este vídeos e fotos. Sen vos, sería imposible. GRACIAS.









miércoles, 1 de abril de 2020

Xogos con material de reciclaxe II

Boas Familias,

Que tal foron eses xogos e xoguetes? Na nosa casa convertéronse nos protagonistas durante gran parte das xornadas así que vamos a continuar con ideas sinxelas para seguir movéndonos un pouco.

XOGOS CON AVIÓNS DE PAPEL:

Facer un avión de papel non é difícil, pero para que voe ben require poñer unha atención especial mentres dobras o papel, polo que os máis pequenos e pequenas necesitarán a axuda dun adulto. Segue estes sinxelos pasos para facer o avión máis básico e xa verás que ben voa.

Paso 1: Colle un folio e dóbrao pola metade en sentido lonxitudinal.


Paso 2: Desdóbrao e fai dous triángulos nun dos lados mais curtos. Pon ATENCIÓN EN QUE OS LADOS DOS TRIÁNGULOS DEBEN ESTAR perfectamente dobrados e os lados que comparten teñen que tocarse pero non montarse un enriba do outro. 



Paso 3: Dobra do mesmo xeito ca o paso anterior cada triángulo sobre si mesmo, levando os seus lados máis afastados do centro, cara ó centro.




Paso 4: Dobra o folio pola metade en sentido lonxitudinal de novo, de xeito que os triángulos queden tocándose por dentro.


Paso 5: Agora, por cada lado tes que facer as ás do avión, facendo un novo triángulo e levando o lado exterior dos triángulos anteriores cara o lado de abaixo. E xa tes o avión listo.














Un consello: Eu sempre dobro un pouquiño a punta do avión, pare evitar que lle fagas dano a alguén, xogar nun lugar pequeno pode facer que o teu avión aterre no ollo de alguén!



Podes decoralo como queiras e despois.....

A XOGAR!

Podes xogar co avión:
* Lánzao coa man dereita; coa man esquerda; con moita forza; con pouca forza; cara adiante; cara atrás; con ollos abertos; cos ollos pechados; CO OLLO ESQUERDO ABERTO E O OUTRO PECHADO; co ollo dereito aberto e o outro pechado.
* Tenta que pase por debaixo dunha cadeira.
* Tenta que aterre nunha pista feita enriba dunha mesa, no corredor...
* Tenta que entre nunha pota ou nunha tixola.
* Por parellas ou en grupo xoga a que o avión chegue máis lonxe, lanzándoo de todas as maneiras que se poida: quen chega máis lonxe con ollos abertos, con eles pechados, coa man dereita.....


E non te esquezas de reciclar, cando non queiras xogar máis.