miércoles, 22 de abril de 2020

Rutinas

Ola, que tal?

Aquí vos van máis traballos deportivos dos vosos compañeiros e compañeiras. Que fantástico, estou encantado! Algúns seguen mandando como practican cos xogos tradicionais, que chulada; e outros...mandades "fútbol adaptado a un piso", novo deporte olímpico para os Xogos de Tokio 2021. Pero tamén, temos exercicios do circuito proposto.






Que vos parece o circuito que vos mandei o luns? Espero que o fagades e o pasedes moi ben xogando con él. Eeeeeeeh, conseguíchedes que o fixeran os vosos pais, nais, avós, avoas e irmáns maiores e pequenos??? Espero que me mandedes os vosos vídeos e fotos.

ANIMÁDEVOS!!!