Co motivo da celebración do Día da Educación Física de mañá, 28-04-20, e xa que non podemos celebralo no colexio, como vimos facendo os últimos anos; intentaremos implicar o alumnado e as súas familias para que incrementemos a visibilidade da Educación Física facendo algunha sesión dende a casa ou practicando algún deporte nesa hora que saímos á rúa invadindo as redes sociais con imaxes e vídeos curtos baixo o hashtag # DEFC2020 (Día da Educación na Casa) e #DEFR2020 (Día da Educación Física na Rúa).
Por se algún está interesado, pode visionarse unha sesión especial de educación física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), conducidas por docentes que farán un percorrido a través de varios contidos curriculares, de forma lúdica e dinámica ás que se poden unir toda a familia. Serán a través do canle de Youtube no seguinte horario: Primaria ás 10:00 horas, Secundaria ás 11:00, e Bacharelato ás 12:00.
Déixovos aquí uns enlaces que poden resultar de interese:
Déixovos aquí uns enlaces que poden resultar de interese: