Bos días familias:
Aquí vos vai unha nova entrega de actividades manipulativas e recreativas para estes días. Espero que vos guste. Moito ánimo para todo o mundo.
XOGOS
CON GLOBOS:
É que tal xogar con globos?
Un obxecto moi sinxelo que seguro que temos todos e todas na casa. Tan
só temos que inchalo e...
A XOGAR!
Podes xogar cun globo:
* Lánzao ao aire durante un minuto cunha man; coa outra; cun
cóbado, co outro; cun xeonllo, co outro; cun pé, co outro...coa cabeza, cos
ombros...Dálle alternando unha man e a outra; un xeonllo e o outro; un cóbado e o outro; diferentes partes do
corpo, sen que caia ao chan....
* Lánzao ao aire e da unha volta sobre ti mesmo antes de
darlle de novo; lánzao ao aire, agóchate e vólvete a levantar, antes de darlle
de novo; lánzao ao aire, tómbate no chan e levántate outra vez antes de darlle
de novo.
* Pon música e baila mentres golpeas o globo con diferentes
partes do corpo.
* Xoga cunha parella: pasándoo sen que caia ao chan con
diferentes partes de corpo e en diferentes posicións: de pé, sentados, tombados,
de costas...
* Fai un circuíto: con mesas, cadeiras, coxíns...
* Golpea o globo coma se estiveras xogando ao Voley (fíxate
como se poñen as mans e os brazos)
Imaxes: wikiHow
E cando nos aburramos de xogar, o podemos REUTILIZAR
facendo pelotas saltarinas:
COMO
FACER PELOTAS SALTARINAS CON GLOBOS:
Esta manualidade require de moita destreza, e ao mellor
necesitades a axuda dun adulto, pero funciona superben e a pelota bota dun modo
incrible!
Material: Globos de cores.
Elaboración: Corta o globo en tiriñas nin
moi grosas nin moi finas. Vai poñéndoas como se foran coleteiros, enroscándoas
arredor dunha pedriña ou boliña de papel de aluminio.
Eu aproveitei estes dous que tiña na casa pero, cantas máis
tiriñas lles poñades, máis grande será e chimpos máis altos dará!.
Lembra que os globos non se poden reciclar no contedor
amarelo, aínda que parecen de plástico, non o son, e terás que depositalo no
contedor onde vai o lixo que non se pode reciclar.