Boas Familias,
Que tal foron eses xogos e xoguetes? Na nosa casa
convertéronse nos protagonistas durante gran parte das xornadas así que vamos a
continuar con ideas sinxelas para seguir movéndonos un pouco.
XOGOS
CON AVIÓNS DE PAPEL:
Facer un avión de papel non é difícil, pero para que voe
ben require poñer unha atención especial mentres dobras o papel, polo que os
máis pequenos e pequenas necesitarán a axuda dun adulto. Segue estes sinxelos
pasos para facer o avión máis básico e xa verás que ben voa.
Paso 1: Colle un folio e dóbrao pola
metade en sentido lonxitudinal.
Paso 2: Desdóbrao e fai dous triángulos
nun dos lados mais curtos. Pon ATENCIÓN EN QUE OS LADOS DOS TRIÁNGULOS DEBEN
ESTAR perfectamente dobrados e os lados que comparten teñen que tocarse pero
non montarse un enriba do outro.
Paso 3: Dobra do mesmo xeito ca o paso
anterior cada triángulo sobre si mesmo, levando os seus lados máis afastados do
centro, cara ó centro.
Paso 4: Dobra o folio pola metade en
sentido lonxitudinal de novo, de xeito que os triángulos queden tocándose por
dentro.
Paso 5: Agora, por cada lado tes que
facer as ás do avión, facendo un novo triángulo e levando o lado exterior dos
triángulos anteriores cara o lado de abaixo. E xa tes o avión listo.
Un consello: Eu sempre dobro un pouquiño a punta do avión,
pare evitar que lle fagas dano a alguén, xogar nun lugar pequeno pode facer que
o teu avión aterre no ollo de alguén!
Podes decoralo como queiras e despois.....
A
XOGAR!
Podes xogar co avión:
* Lánzao coa man dereita; coa man esquerda; con moita
forza; con pouca forza; cara adiante; cara atrás; con ollos abertos; cos ollos
pechados; CO OLLO ESQUERDO ABERTO E O OUTRO PECHADO; co ollo dereito aberto e o
outro pechado.
* Tenta que pase por debaixo dunha cadeira.
* Tenta que aterre nunha pista feita enriba dunha mesa, no
corredor...
* Tenta que entre nunha pota ou nunha tixola.
* Por parellas ou en grupo xoga a que o avión chegue máis
lonxe, lanzándoo de todas as maneiras que se poida: quen chega máis lonxe con
ollos abertos, con eles pechados, coa man dereita.....
E non te esquezas de reciclar, cando non queiras xogar
máis.