viernes, 7 de noviembre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 7

Ola, que tal?

É estupendo que sigades mandando actividades deportivas. Espero que váianse animando os demáis!!!

Debedes envialas a educacionfisica@cprsanjose.es







 

martes, 4 de noviembre de 2025

Actividades Deportivas mes de novembro

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de novembro. Recuperamos o bo ritmo.

5 de novembro: O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata o teatro de Abanca para asistir a obra "MISTURAS". SUSPENDIDO POR ALERTA LARANXA

5 de novembro: O alumnado de 6º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Visítanos o alumnado de 6º de Ed. Primaria  do CEIP Daría González e faremos os deportes de BÁDMINTON, BALONMÁN e VOLEI. Para iso, levamos todo o mes de octubro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física. APLAZADO POR ALERTA LARANXA

7 de novembro: O alumnado de 2º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata o 6º edificio do Museo, onde farán a actividade "MIRA QUE TE MIRO".

10 de novembro: O alumnado de 5º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Desplazámonos ata o CEIP San Benito de Lérez e faremos os deportes de COLPBOL, PINFUVOTE e VOLEI. Para iso, levamos todo o mes de octubro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física.

11 de novembro: O alumnado de 1º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata o 6º edificio do Museo, onde farán a actividade "VOU AO MUSEO".

17 de novembro: O alumnado de Ed. Infantil fará unha camiñata polas instalacións do Porto de Vigo e Cetárea que visitarán ese día.

18 de novembro: O alumnado de 2º de Ed. Primaria fará a súa tradicional visita ao PAAR de Campolameiro cunha camiñata polas súas instalacións e posterior obradoiro de "CERÁMICA PREHISTÓRICA" e "CONSECUCIÓN DO LUME".

18 de novembro: Charla formativa para familiares e mestres da comunidade educativa do Colexio San José impartida polo Centro VIDERE, o Maior Centro de Optometría de Galicia totalmente especializado en visión e aprendizaxe.

19 de novembro: O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata o 6º edificio do Museo, onde farán a actividade "MUSEANDO".

25 de novembro: O alumnado de 4º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Visítanos o alumnado de 4º de Ed. Primaria dos CEIP Froebel e San Benito de Lérez e faremos os deportes de TCHOUKBALL, DATCHBALL e BALONMÁN. Para iso, levamos dende o mes de octubro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física.

26 de novembro: O alumnado de 6º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Visítanos o alumnado de 6º de Ed. Primaria  do CEIP Daría González e faremos os deportes de BÁDMINTON, BALONMÁN e VOLEI. Para iso, levamos todo o mes de octubro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física. ADIADO NO SEU DÍA POR ALERTA LARANXA

jueves, 30 de octubre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 6

Ola, ola, como imos?

Seguides enviando as vosas fotos facendo actividades deportivas fóra do colexio, están xenial e vos animo a que o sigades facendo.

Sabedes que tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es












viernes, 24 de octubre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 5

Ola, síguenme chegando fotos de vos facendo actividades deportivas fóra do cole. É estupendo que as mandedes, posto que xa sabedes que entre todxs, facemos este blogue deportivo da Comunidade do Colexio San José.

Tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es














lunes, 20 de octubre de 2025

Clubes colaboradores

Aquí vos deixo os contactos dos clubes deportivos da cidade que ata o de agora, pasaron polo centro para facer unha sesión cos rapaces por si queredes que os vosos fillxs practiquen esos deportes.

Como xa vos indicara ao comezo do curso, podedes probar de forma totalmente gratuíta a primeira e segunda sesión e logo, decidides.

Animádevos!!!








viernes, 17 de octubre de 2025

Actividades Deportivas Vosas 4

Ola, síguenme chegando fotos de vos facendo actividades deportivas fóra do cole. É estupendo que mas mandedes, posto que xa sabedes que entre todxs, facemos este blogue deportivo da Comunidade do Colexio San José.

Tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es

                                                 













viernes, 10 de octubre de 2025

Actividades Deportivas vosas 3

Ola, ola, que tal?

Aquí vos deixo máis fotos de vos facendo diferentes actividades deportivas fóra do colexio. Xa sabedes que vos animo a todxs a que as saquedes e as enviedes para que eu poida subilas a este blogue deportivo que formamos entre toda a comunidade do CPR SAN JOSÉ.

Envialas a educacionfisica@cprsanjose.es