lunes, 1 de diciembre de 2025

Sesión RCP-DESA e Manobra de HEIMLICH

Como xa vos anticipei na explicación das actividades deportivas do mes de decembro, hoxe fixemos a primeira das xornadas de RCP-DESA co alumnado das clases de 4º e 5º de Ed. Infantil e 6º e 5º de Ed. Primaria, por ese orde.

Contamos coa presenza de 10 alumnxs e dous mestres da Escola de Enfermería, aos cales lles dou as máis sinceiras gracias pola súa grandísima implicación para co noso alumnado, mostrando unha paciencia infinita e demostrando o seu domio no tema en cuestión.

A rapazada pasouno xenial e aprendeu o que ten que facer ante un accidentado, cousa que todxs deberíamos coñecer e seguiremos reforzando ao long do curso nas sesións de Ed. Física.

Para mostra: