miércoles, 3 de diciembre de 2025

Encontros Multideportivos con 3º de Ed. Primaria

Onte, o alumnado da clase de 3º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.

Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado dos centros CEIP Lérez y CEIP Froebel. Pasámolo xenial e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis.

Os equipos están formados entre nenos e nenas dos tres colexios implicados para así conseguir unha maior convivencia entre rapaces.

Fixemos os deportes de PICHI CON RAQUETA e o TENIS COAS MANS.