lunes, 1 de diciembre de 2025

Actividades Deportivas mes de decembro

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de decembro. Seguimos a bo ritmo.

1 de decembro: O alumnado de 4º e 5º de Ed Infantil e 5º e 6º de Ed. Primaria fará a súa sesión de iniciación ao RCP-DESA e Manobra de Heimlich contanto coa inestimable colaboración do alumnado e profesorado da Escola de Enfermería de Pontevedra, pertencente a Universidade de Vigo.

2 de decembro: O alumnado de 6º de Ed Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria fará a súa sesión de iniciación ao RCP-DESA e Manobra de Heimlich contanto coa inestimable colaboración do alumnado e profesorado da Escola de Enfermería de Pontevedra, pertencente a Universidade de Vigo.

2 de decembro: O alumnado de 3º de Ed. Primaria participará na Xornada de Encontros Multideportivos organizada pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) dentro do Programa XOGADE pertencente a Xunta de Galicia. Visítanos o alumnado de 3º de Ed. Primaria  do CEIP Froebel e DECIP Lérez e faremos os deportes de PICHI con RAQUETA, TENIS con LAS MANOS en CAMPO PEQUEÑO e BÁDMINTON. Para iso, levamos todo o mes de novembro practicando eses deportes nas sesións de Ed. Física. 

3 de decembro: O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil fará unha camiñata ata a Biblioteca, onde farán a actividade "CONTACONTOS".

3 de decembro: O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará unha andaina para facer a súa tradicional visita a Diputación Provincial de Pontevedra onde poderán solventar todas as súas dúbidas.

9 de decembro: O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata o Concello, onde farán unha entrevista ao Excmo. alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

10 de decembro: O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata a Biblioteca, onde farán a actividade "COÑECE a BIBLIOTECA".

10 de decembro: O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a súa tradicional visita ao Parlamento de Galicia onde farán unha andaina polas súas instalacións e poderán solventar todas as súas dúbidas.

11 de decembro: O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata as instalacións de Radio Pontevedra onde participarán nun programa de radio en directo.

16 de decembro: O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria fará unha camiñata ata as instalacións de Afundación para ver a obra "A GALIÑA AZUL".