sábado, 27 de noviembre de 2021

Novas actividades deportivas

Seguídevos animando a enviarme fotos ou videos das vosas actividades deportivas que facedes fóra do colexio. Están xenial e vos animo a que sigades facendo e practicando moito deporte.

Tamén animo as familias, pais, nais, avós e avoas, irmáns... que saiades nas fotos ou videos practicando esas actividades deportivas porque estou seguro que tamén as facedes cos vosos fillos e fillas.









Vos recordo que tedes que enviarmas a: educacionfisica@cprsanjose.es

viernes, 26 de noviembre de 2021

Derradeiro día de froita

Hoxe, última xornada da semana da froita tocounos arándanos. Coméronse moi ben, igual co resto de froitas de todo a semana. Algún parecía que estaba a comer pipas, unha pasada.

Aquí vai a mostra:

                          

                   

                                                                             

                                                   















Con isto, pechamos a semana de froita. Foi todo un éxito e o claustro de profesores está encantado coa aceptación por parte do alumnado. O longo do curso, repetiremos a experiencia.

jueves, 25 de noviembre de 2021

Magosto

Hoxe tamén celebramos o xa tradicional Magosto co noso castañero e cos nosos xogos tradicionais. É unha pena non poder compartir con vos, pais, nais, familiares dos cativos/as, esta xornada de castañas e xogos, pero debido a pandemia, temos que limitar moi moito as actividades grupais, de feito, ata os nosos rapaces e rapazas, tiveron que xogar só cos da súa clase, para estar en grupos burbulla.

Aquí vos deixo unha mostra dos xogos que fixemos:






















Cuarto día de froita

E hoxe tivemos pera. Estaba boísima e o alumnado disfrutou moito coméndoa. Como sempre, houbo quen tomou duas pezas e non comeu máis porque non lle deixamos que si non...

Aquí vos queda a mostra:

























Tamén as mestras dan exemplo...






E mañá e o derradeiro día desta semana das froitas e temos... arándanos!!!