Ola, despois de pasar o San Martiño, aquí vos deixo algunhas fotos dos máis pequenos do cole practicando coas peonzas e os trompos. Inda temos moito, moito que practicar, pero vai saindo...
Para a semana, seguimos coas prácticas dos trompos e publicarei fotos dos cursos dos máis maiores.
Seguro que moitos de vos, nais-pais-avós-avoas-tíos/as-primos/as..., sabedes lanzar o trompo e podedes xogar cos cativos que seguro lle fai moitísima ilusión e así a parte de xogar con eles/as, recordades como se xogaba.
Espero que me mandedes fotos ou vídeos coas vosas practicas de lanzamento de trompos.