Como xa sabedes, estamos dentro dun programa que se chama PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva) onde dende a asignatura de EF. (educación física), xunto co resto de profesoras do centro e coa colaboración da Xunta de Galicia, intentamos que o noso alumnado faga máis e mellor actividade física.
Por iso aquí vos deixo o que de forma máis ou menos regular, fan os nosos alumnos/as da clase de 2º de ed. primaria, polo que lles dou os meus parabéns e agradecementos tanto para os/as cativos/as como para a profe Eli, pola súa dedicación e gañas.
Veremos con que nos sorprenden a próxima vez...