Ola, este martes, 09-11-21, comezamos as actividades propostas pola Consellería de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE co Campo a través ou Cross Escolar.
Iremos coas clases de 4º e 5º de educación primaria, onde terán que facer correndo, camiñando ou como mellor lles pareza, os 900 metros en que consiste a proba. Será na zona deportiva da Xunqueira, o lado da Illa das Esculturas dende primeira hora da mañá.
Para evitar problemas coa pandemia, dende o propio servicio de deportes, en colaboración cos propios mestres/as de educación física dos diferentes centros anotados; cada clase fará o seu recorrido como grupo burbulla, para non entrar en contacto con outros rapaces e rapazas do resto de colexios, desta forma, cada clase fará a actividade a horarios diferentes, tendo 15 minutos para facer a proba.
Seguro que o pasamos fenomenal, a parte de facer un pouquiño de deporte extra. Subirei algunha foto posteriormente.