Como ides?
Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de compañeiros vosos facendo actividades deportivas fóra do cole.
Coma sempre vos digo, animádevos a enviar as vosas a educacionfisica@cprsanjose.es
Como ides?
Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de compañeiros vosos facendo actividades deportivas fóra do cole.
Coma sempre vos digo, animádevos a enviar as vosas a educacionfisica@cprsanjose.es
Como vos informara na "entrada de Actividades do mes de marzo"; estivemos a traballar os deportes de raqueta do tenis e o pickelball dentro das sesións de E.F. do centro con todo o alumnado de Ed. Primaria, gracias ao acordo que temos coa Federación Galega de Tenis, que prestounos este material (25 raquetas e 25 pelotas de tenis, máis 24 palas e 12 pelotas de pickelball ) para poder realizar estas sesións de deportes cun implemento.
Coma sempre, a rapazada adaptouse perfectamente, aínda que algúns teñen máis dificultade que outros, pero por regra xeral, foi unha experiencia altamente satisfactoria.
Teño que darlle as gracias a Carlos Coira e Rafa Pazos, directores técnicos destes deportes dentro da Federación, por deixarnos este material e quedando con moitísimas gañas de repetir os vindeiros anos.
Para mostra:
Hoxe, o alumnado de 1º de Ed. Primaria, foi ata o CEIP Xunqueira I a facer a súa sesión de MULTIXOGO 6-8 organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio de Deportes da Xunta dentro do programa XOGADE con nenos e nenas do citado colexio. Foi unha xornada de convivencia espectacular onde a parte das actividades moi ben propostas pola mestre de EF do centro, serviunos para convivir e xogar con nenxs da nosa mesma idade doutro colexio, polo que estamos altamente agradecidos a súa invitación e pasamos unha xornada de EF diferente as habituais.
Fixemos varias rotacións, onde a rapazada dividida en equipos mixtos de nenxs dun e doutro cole, xogaron xuntos e fixeron todas e cada unha das tarefas propostas ata pasar por todas as rotacións.
Estas tarefas foron:
* Circuito de Habilidade.
* Lanzamentos de Precisión.
* Sacar o Rabo.
* 10 pases.
* Coordinación con Globos.
* Remudas.
Coma mostra...