Ola, ola! Que tal?
Como vos comentara na entrada das actividades que tiñamos este mes, o martes pasado o noso alumnado da clase de 4º de Ed. Primaria, tivo a súa sesión de "atletismo en pista" nas instalacións do CGTD de Pontevedra con outros 88 rapaces de 4º de primaria doutros 3 colexios (Ceip Cabanas, Ceip Parada e Ceip Xunqueira I).
Puidemos facer as probas, previamente traballadas nas sesións de EF no cole, de:
100 metros lisos
lanzamento de peso
salto de lonxitude
lanzamento de vórtex
400 metros lisos
remudas
En todas estas probas participaron todo o alumnado (bueno, algún en algunha proba non quiso participar), e foi unha xornada de convivencia espectacular para todo o alumnado e máis os mestres que os acompañamos.
É un luxo poder empregar estas instalacións, que tan amablemente nos cederon dende o Servico de Deportes da Xunta de Galicia, e contar coa colaboración incríble do Ciclo do TSEAS, que realmente foron eles os que levaron a organización e foron os "xuíces" das probas.
Foi un pracer poder pasar esta sesión rodeados de tantos amigos. Moitas gracias a todxs!!!
Para mostra:






