martes, 17 de marzo de 2026

Charla sobre Hábitos de Vida Saudables

Hoxe, o noso alumnado das clases de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a súa charla sobre Hábitos de Vida Saudables impartido polos nutricionistas e xogadores da SD TEUCRO.

Foi moi interesante, preguntádelle aos voso fillxs, e a pesar de que xa sabían moitas cousas, aprendemos o que se pode comer en maior cantidade e que cousas e mellor tomalas moi de vez en cando.

Tamén falamos da importancia de facer deporte e ter un bo descaso para que poidamos ter unha boa Vida Saudable.

Esperemos repetir nos vindeiros anos, porque é realmente interesante.

Para mostra:







Ao rematar, déronlles unha bolsiña cunha merenda saudable:



E coma sempre, vos convidan a participar nun adestramento algún dos próximos xoves como vos indica neste papeliño que lles deron: