Ola, que tal?
Aquí vos deixo as actividades deportivas que teremos ao longo deste mes de marzo. Seguimos collendo ritmo.
O 2 de marzo: O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria terá a charla impartida polo clube Cisne de balonmán onde explicarán a súa forma de traballar apoiando a canteira, a posibilidade de compatibilizar os estudios e os entrenos e a importancia do descanso e alimentación para nenxs coma para deportistas.
O 3 de marzo: O alumnado de 4º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva de Atletismo nas instalacións do CGTD, xunto con 90 rapaces de 4 colexios da cidade e arredores compoñentes de ADESPONT e baixo o amparo do XOGADE.
O 5 de marzo: O alumnado de 4º de Ed. Primaria terá a súa sesión de Judo que lles servirá de preparación para a gran Xornada Multideportiva do vindeiro 14 de abril onde nos xuntaremos con 250 compañeirxs dos 11 colexios que participamos desta sesión organizada por ADESPONT dentro do programa XOGADE.
Dendo o 10 ata o 26 de marzo: O alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá as súas sesións de iniciación ao deporte do Pickelball e Tenis contando coa colaboración da Federación Galega de Tenis.
O 10 de marzo: O alumnado de 3º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva de Bádminton, Esgrima, Loita Deportiva e RCP-DESA no Pavillón Municipal, xunto con 256 rapaces de 11 colexios da cidade e arredores compoñentes de ADESPONT e baixo o programa XOGADE.
O 11 de marzo: O alumnado de 6º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva de Deportes Adaptados que organiza a Fundación ENKI e que sérvenos como o colofón de todo o traballado ao longo do curso; que faremos no Pavillón Municipal, xunto con outros rapaces de 12 colexios de toda a provincia de Pontevedra.
O 16 de marzo: O alumnado de 4º de Ed. Infantil fará a súa tradicional visita a Granxa Serantellos onde farán as actividades físicas dun granxeiro.
O 17 de marzo: O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria terá unha charla impartida por o nutricionista da S.D. TEUCRO onde fará mención á importancia dunha boa alimentación, que sexa saudable a parte de falar da importancia dun bo descanso para a rapazada xunto cos hábitos saudables de facer deporte de forma habitual.
O 18 de marzo: O alumnado de 5º Ed. Primaria fará a súa sesión final de Tenis nas instalacións do Clube Tenis Pontevedra na Caeira xunto con 20 rapacxs do CEIP Parada.
O 24 de marzo: O alumnado de 1º de Ed. Primaria terá a súa Xornada Multideportiva Multixogo no CEIP Xunqueira I organizada por ADESPONT e dentro do programa XOGADE.