martes, 10 de marzo de 2026

Xornada Multideportiva coa clase de 3º de Ed. Primaria

Ola, ola, que tal?

Hoxe, o noso alumnado da clase de 3º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada Multideportiva de RCP-DESA, Esgrima, Loita Deportiva e Bádminton, contando coa inestimable colaboración do Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia pagando o transporte e o seguro do alumnado, o Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra cedéndonos as instalacións do Pavillón Municipal, o alumnado e profesorado do Ciclo do TSEAS pola súa importantísima axuda, alumnado e profesorado da Escola de Enfermería e aos diferentes adestradores que levaron as sesións como Adrián da Escola Hungaresa de Esgrima e Saúl e Carlota da Federación Galega de Loita.

Como sucede nestas xornadas, o que pretendo é que pasen unha sesión de convivencia con rapaces e rapazas doutros colexios de Pontevedra, Poio e Barro, CONCRETAMENTE, 11 centros, a parte de facer máis e mellor actividade física.

O alumnado está dividido en 4 grupos, estando formado cada grupo por nenas e nenos de todos os colexios, e de forma rotativa van pasando cada media hora por unha modalidade deportiva.

Estas foron:

- RCP-DESA MANOBRA de HEIMLICH

- ESGRIMA

- LOITA DEPORTIVA

- BÁDMINTON


Por outra banda, teño que dar as gracias tamén a Supermercados FROIZ e GADIS e a Corporación Alimentaria PEÑASANTA por colaborar con nos, poñendo augas, froita e iogures para todos os participantes.

É un verdadeiro pracer poder organizar estas xornadas, vemos a cara dos rapacxs e vemos como disfrutan, iso é o que máis nos enche aos mestres de EF que organizamos estas xornadas.

Preguntade a rapaxzada...